Cobro do imposto sobre bens inmobles do Concello de Castrelo de Miño (Ourense)

Anuncio de cobro de impostos

O Concello de Castrelo de Miño, por Decreto do 8 de xuño aprobou o padrón correspondente ao exercicio 2015 do imposto sobre bens inmobles de natureza urbana e rústica.

concello_Castrelo_MinoA partir da publicación deste anuncio ábrese un período de información, no cal o padrón correspondente a este imposto estará a disposición dos interesados nas oficinas do concello durante o prazo dun mes.
O período de cobranza para este imposto fíxase dende o 1 de xullo ao 5 de setembro de 2015.
Forma de pagamento: todos os recibos que non estean domiciliados en contas bancarias serán enviados por correo aos domicilios dos contribuíntes, para que estes poidan facelos efectivos nas oficinas bancarias indicadas nel. No caso de non recibilos nas datas sinaladas, deberán dirixirse a “Catoure, SL”.
Medios de pagamento: serán os establecidos nos artigos 33 a 41 do Regulamento xeral de recadación (Real Decreto 939/2005, do 29 de xullo).
Recursos: contra o acto de aprobación do padrón e das liquidacións incorporadas a este, poderase formular un recurso de reposición ante o alcalde do concello, no prazo dun mes contado dende o día seguinte á finalización do período de exposición pública do padrón, ou un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, sen que ambos os dous poidan interporse simultaneamente.
Advertencia: transcorrido o período de pagamento voluntario as débedas serán esixidas polo procedemento de constrinximento e aboarase a recarga correspondente, os xuros de demora e, se é o caso, as custas que se produzan. A non recepción do documento de pago non exime da obriga do seu pagamento no período voluntario fixado, sendo obriga do contribuínte solicitalo no caso de non recibilo.


BOP de Ourense nº144 do 25 de xuño de 2015

Deja un comentario

Este sitio utiliza Akismet para reducir el spam. Conoce cómo se procesan los datos de tus comentarios.