Aclaracións sobre a fiscalidade da venda ou arrendo de dereitos de pagamento único

15/06/2015-Campo Galego

ministerio_mministerio_medio_ambiente_logoedio_ambiente_logoO Magrama aclara que no 48% dos casos quedan gravados polo Imposto sobre Trasmisións Patrimoniais, cuxo tipo é moi inferior ao tipo xeral do IVE do 21%.

O subsecretario do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio,Jaime Haddad, mantivo recentemente unha reunión con representantes de ASAJA, UPA, COAG e Cooperativas Agro-alimentarias, para informar ao sector sobre as últimas novidades en relación co tratamento fiscal das transmisións dos dereitos de pagamento único.

O subsecretario explicou que os Dereitos de Pagamento Único cedidos (vendidos ou arrendados) con terras están exentos do IVE e tributan, sobre a base do seu carácter accesorio, seguindo o mesmo tratamento fiscal que as vendas ou arrendamentos de terra. Quedan, en consecuencia, gravados polo Imposto sobre Trasmisións Patrimoniales, cuxo tipo é moi inferior ao tipo xeral do IVE do 21%. Este tipo de trasmisións supón, tomando como referencia as realizadas en 2014, en torno ao 48% do total das realizadas.

Por outra parte, Haddad sinalou que non está suxeita ao IVE a trasmisión de dereitos de pagamento único cando se trasmiten xunto a outros elementos da explotación constituíndo unha unidade económica autónoma, cuxo caso máis claro é a trasmisión dunha explotación íntegra. Estas trasmisións de dereitos con toda a explotación supoñen en torno ao 27% do total das realizadas.

O 25% dos casos restantes, fundamentalmente dereitos trasmitidos mediante compravenda sen terras, están suxeitos ao IVE.

Esta clarificación, indicou o subsecretario, produciuse mediante un informe elaborado pola Dirección Xeral de Tributos do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas a instancia das consultas formulada polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medioambiente.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s