Unha reflexión sobre o urbanismo en Galicia

16/06/2015-La Voz de Galicia (Carlos F. Coto)

TopografiaruralBaixo a nosa perspectiva, un acertadísimo artigo de opinión merecedor de ser compartido cando menos para reflexionar sobre algo que parece tan complexo pero que é tan importante e necesario para o desenvolvemento non só das grandes urbes se non tamén para o esquecido rural galego. A clave tal vez sería a humildade e tratar de entender a idiosincrasia particular de cada zona (porque Galicia éche moi variada e diversa e, en parte, precisamente niso reside a súa espectacularidade) para poder trazar liñas de actuación realistas e coherentes; e sobre todo, levadas a cabo por técnicos formados e especializados na materia que establezan esas pautas a seguir, sen que estas muden cada pouco. Algo tan a longo prazo como a planificación territorial non pode estar suxeito a cambios periódicos.


 

Urbanismo, algo máis que un plan

 

concellos_galicia

O urbanismo é desas materias das que todos cren entender e poucos sabemos como funciona. Fálase del nas salas de espera, incluso no supermercado. É algo tan galego como a retranca ou a morriña, porque case tódolos galegos somos propietarios de terra e moitos especuladores en potencia. É o modo de entender o desenvolvemento do territorio nos pequenos concellos.

Outra visión é a que aportan as novas forzas -as mareas- que nas cidades propoñen un urbanismo participativo, decidido pola cidadanía.

Todos están equivocados. A estrutura lexislativa que desenvolve o urbanismo galego está baseada en normas deseñadas por avogados que non entenden de urbanismo, que encomenda a administración e que moitas veces son tan complexas e incoherentes que dan traballo a expertos para explicalas aos que as teñen que aplicar.

Nada máis afastado do que queremos que sexa, do que é noutros estados europeos é: unha técnica de ocupación do territorio con criterios racionais, arquitectónicos e de respecto pola paisaxe. Cidades como Copenhague, que mantén o plan xeral de 1947 cando en España nin leis urbanísticas había?, medran harmonicamente e co máximo respecto polo seu territorio e toman como elementos vertebradores o transporte ferroviario ou a agricultura.

Ao contrario do que pensa a maioría, o urbanismo galego decídese na Xunta de Galicia, que establece as áreas de proteccións da costa ou dos ríos, as superficies dos núcleos rurais (aldeas) ou a protección da paisaxe. 

Pouca liberdade deixan aos concellos para os seus municipios, e menos mal porque moitas veces a combinación de proximidade e propiedade resulta perigosa.

Son irresponsables os políticos que pretenden botar abaixo o PXOM dos seus antecesores prometendo máis leiras edificables ou menor distancia de protección, pois están facendo demagoxia facéndolle ver aos cidadáns o que non é posible. Adormecer un plan xeral comezado é unha temeridade, xa que o camiño andado é moi tortuoso para mirar atrás e ducias de funcionarios teñen que opinar sobre el.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s