Os problemas xurdidos co SIXPAC nas axudas europeas da PAC, alegables ata o 10 de xullo

19/06/2015-Campo Galego

Os problemas xurdidos co SIXPAC nas axudas europeas, alegables ata o 10 de xullo

parcelas_agricolas As novas axudas da PAC, que se puideron solicitar ata o pasado 15 de xuño, trouxeron sorpresas negativas para parte dos gandeiros, xa que o Sistema de Información Xeográfico de Parcelas Agrícolas (SIXPAC), clave para tramitar as solicitudes, reduciu a superficie subvencionable de miles de parcelas. Ante os problemas, o Fondo Español de Garantía Agraria (Fega) publicou unha circular na que establece un procedemento harmonizado para alegar ó SIXPAC. Este ano, as reclamacións presentadas ata o 10 de xullo serán tidas en conta na solicitude de axudas da PAC deste ano.

O Fega, dependente do Ministerio de Agricultura, lembra que cada comunidade autónoma ten competencias para establecer os seus propios procedementos de alegacións. A circular que vén de emitir o Fondo Español de Garantía Agraria trata só de clarificar aspectos relativos ós prazos, así como harmonizar os procedementos para os trámites. Este ano, o prazo remata o 10 de xullo e a partir do 2016 concluirá o 31 de maio, sempre que se queira que a reclamación sexa tida en conta nas solicitudes de axudas da PAC do ano en curso.

Entre as cuestións que se poderán alegar, figuran dúas das que máis problemas xeraron en Galicia nesta campaña da PAC, o uso asignado na parcela e o coeficiente de admisibilidade de pastos.

Recuperación de hectáreas na Terra Cha

Precisamente, o Sindicato Labrego vén de anunciar a recuperación de 650 hectáreas de pradeiras subvencionables que inicialmente non se podían computar na solicitude da PAC deste ano. A organización agraria xa advertira en maio de que centos de hectáreas de monte adicadas a usos gandeiros estaban a quedar excluidas as subvencións, ben por estar catalogadas como de uso forestal, cando en realidade tiñan un uso silvopastoril, ben polos coeficientes de admisibilidade dos pastos.

A raíz dos problemas, o Sindicato Labrego mantivo contactos coa Consellería de Medio Rural e co Ministerio de Agricultura, a través dos fondos galego e español de Garantía Agraria (FOGGA e FEGA), para intentar buscar unha saída. A organización tamén interviu en casos concretos, como o de comunidades de montes da Terra Cha ás que non se lles recoñecía o 70% da superficie que adicaban ó gando.

Esas comunidades de montes, encabezadas pola de Labrada (Abadín), lograron manter unha xuntanza na Consellería de Medio Rural co subdirector do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), Jose Ángel Burgo, e conseguiron que lles revisasen a superficie que podían declarar como de uso gandeiro, de xeito que se lles recoñeceu un 40% máis da que lles admitían en principio, segundo o Sindicato Labrego. Así, de 962 hectáreas repartidas en 63 parcelas que ficaban excluídas das axudas da PAC nun primeiro momento, lograron recuperar 650 hectáreas.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s