O Journal of Development and Environment aborda a xestión forestal galega

16/06/2015-galiciaconfidencial.com

Críticas á Xunta nunha revista científica pola súa política forestal

politica_forestal_xuntaA publicación International Journal of Development and Envrironment recolle un artigo no que se critica a falla de protección de espazos naturais en Galicia. A Asociación Monte Pindo Parque Natural critica que o eucalipto ameaza xa o hábitat do carballo anano, unha especie ameazada.

“Nos pasados 5 anos desde que chegaron ao poder non tivo lugar nin o máis mínimo avanzo e houbo desleixo coa axenda da protección”. Deste xeito describen os profesores de Xeografía e Ordenación do Territorio Valerià Paül, Miguel Pazos e Xosé Santos a xestión que a Xunta de Feijóo está facendo dos espazos naturais.
Nun artigo publicado na revista científica International Journal of Development and Environment, os tres científicos acusan ao actual Executivo galego de tratar as figuras de protección da natureza coma “simples imposicións europeas” que aplica “porque hai que cumprir” pero sen pretender con elas lograr ningún efecto real.
Ademais, no seu artigo ‘The Ambiguous Geographies of Protected Areas in Galicia’ critican a negativa da Xunta a crear novos Parques Naturais ou a telo que facer por imposición europea.
Así, lembran que, en 2009 o partido gobernante viuse forzado pola Comisión Europea a designar unha área de case 7.000 hectáreas na zona da Limia cunha gran poboación de aves coma unha Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA), na Rede Natura 2000. No DOG do 15/10/2009 deixaba claro que a designación desa ZEPA significaba que “a área convértese nunha zona protexida da Rede Natura 2000, pero non se considera unha zona natural protexida”.
“Con este texto intricado e confuso, a Xunta admitía que a designación da ZEPA fora unha obriga derivada da imposición de directivas europeas, pero que esa declaración non significaba que a área esté protexida baixo a lexislación galega e española”, explican Paül, Pazos e Santos no artigo.
Tamén se refiren ao caso do Monte Pindo no que, aínda que existe desde 2010 unha “intensa campaña social” para reforzar a escasa protección mediante esa figura, a Xunta “denegouna unha e outra e outra vez”.
Precisamente, sobre este fermoso espazo natural, a asociación Monte Pindo Parque Natural denuncia que a Xunta non cumpriu a súa palabra de repoboar o monte con especies autóctonas esta primavera.
Neste sentido critica que, ante este desleixo, estea proliferando o ecucalipto que xa colonizou con forza lugares aos que nunca chegara, incluindo o único hábitat que ten en Galiza o Carballo anano (Quercus lusitanica Lam.).
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s