Inicio da clasificación como veciñal en man común dos montes Campo Carreiro e Lomba Bis, parroquia de Iria Flavia. Concello de Padrón (A Coruña)

EDICTO do 3 de xuño de 2015, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se dá publicidade ao acordo que inicia o expediente 423 de clasificación como veciñal en man común dos montes Campo Carreiro e Lomba Bis, da parroquia de Iria Flavia do concello de Padrón (A Coruña)

parroquia_Iria_Flavia_PadronO Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, en sesión que tivo lugar o día 28 de novembro de 2014, acordou iniciar a tramitación do expediente de clasificación como veciñal en man común dos montes cuxas características se indican a seguir:

Montes: Campo Carreiro e Lomba Bis.

Comunidade veciñal solicitante: parroquia de Iria Flavia.

Concello: Padrón.

Superficie total: 16,54 ha.

Parcela I: Campo Carreiro: superficie de 14,46 ha. Características e lindeiros:

Norte: do vértice 60 ao 1 co monte veciñal en man común Lomba (expediente 241), do vértice 1 ao 6 co monte veciñal en man común Retén de Iria (expediente 187).

Leste: do vértice 6 ao 17 co monte veciñal de Lomba e Miranda (expediente 139).

Sur: do vértice 17 ao 59 con propiedades particulares de Herbón.

Oeste: do vértice 59 ao 60 co monte veciñal Lomba (expediente 241).

Parcela II: Lomba Bis: superficie de 2,08 ha. Características e lindeiros:

Norte: do vértice 62 ao 66 con propiedades particulares.

Leste: do vértice 66 ao 77 con propiedades particulares.

Sur: do vértice 77 ao 79 antigo monte Lomba núm. 262 do CUP.

Oeste: do vértice 70 ao 81 con pista, do vértice 81 ao 62 co monte veciñal de Lomba (expediente núm. 241).

En virtude do acordado polo Xurado, conforme o disposto na Lei galega de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989 e demais disposicións de aplicación, por medio deste edicto faise público o inicio da tramitación do expediente indicado co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 4 de setembro de 1992, de desenvolvemento da precitada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas poidan comparecer e intervir no expediente e formular ante este xurado no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que as asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ao respecto.


DOG nº114 do 18 de xuño de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s