O eucalipto xa supón o 28% da superficie arborada de Galiza, o duplo que hai dúas décadas

Sermosgaliza.gal

Perto do 70% do chan galego ten uso forestal, fronte ao 27 por cento para usos agrícolas

 

eucaliptoCase un terzo da superficie arborada de Galiza é eucaliptal. Unha porcentaxe que abonda na “elevada eucaliptización” do país, en definición de Greenpeace, e que a organización vén de reiterar esta semana no seu informe ‘Radiografía social do medio-ambiente en España’, afirmando que por volta do 28% da superficie arborada galega é eucalipto. A propia Comisión de Agricultura do Parlamento de Galiza aprobou en febreiro unha iniciativa para instar a Xunta a “regulamentar as novas plantacións” desta especie, polo seu grande poder de estensión. Foi aprobada cos votos en solitario do PP, pois a oposición considerou a proposta un ‘brinde ao sol’, unha iniciativa “ineficaz” e que non tiña intención de abordar o problema de raíz.

O eucalipto ocupa, segundo dados do Inventario nacional forestal de 2008/10 unhas 288.000 hectáreas, cando no inventario de 1996 eran 138.500 Has. Mais, como indican técnicos e ambientalistas, esas 288.000 hectáreas refírense só a aquelas plantacións ou bosques de eucaliptos, sen contabilizar eucalipto que hai en plantacións ou bosques onde non é a especie maioritaria. De telo en conta, a cifra superaría, din, as 370.000 Has.

Nunha análise publicada hai uns anos por Greenpeace, estimábase que de 600.000 propietarios forestais que hai en Galiza máis de 120.000 céntranse no eucalipto; apuntando ás responsabilidades das administracións públicas, “quer por acción, quer por omosión”, en que o eucalipto vaia camiño de ser monocultivo en grandes áreas do país en prexuízo das especies frondosas autóctonas, que perden terreo ano tras ano.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s