Casi 60 arquitectos, contra
 el derribo de la casa de Reza en Ourense

03/06/2015-La Voz de Galicia

Firmaron un manifiesto en contra de la demolición del inmueble unifamiliar

 

derribo_casa_RezaLa orden de derribo de una casa unifamiliar en Reza prevista para mañana (luego de ser aplazada en varias ocasiones) continúa siendo el motivo de manifestación y protesta de numerosos colectivos que, de algún modo u otro, están relacionados con la construcción, obra del reconocido arquitecto Fernando Blanco Guerra.

Así, un total de 59 arquitectos de toda Galicia han firmado un manifiesto que hicieron público ante lo que parece una inminente demolición. El colectivo mostró su total oposición a la ejecución de la sentencia, puesto que “vai truncar dramática e inútilmente a vida da familia formada por Rosa Alonso e Miguel Fernández”, explican en el escrito. En su opinión, no es posible encontrar en la orden judicial que pesa sobre la vivienda “ningún beneficio nin para a sociedade nin para a paisaxe, senón só o fatal erro da destrucción dunha peza de arquitectura que amosa de maneira exemplar a unidade posible entre o ser humán e o territorio que habita”, añaden.

Los arquitectos no han sido los únicos que han mostrado su rechazo al derribo del inmueble. Desde Anova Ourense manifiestan que “resulta incríbel que a casa familiar duns veciños, por mor dunha trapallada legal, se vexan expulsados do lugar das súas vidas, namentres os especuladores son premiados polas súas desfeitas e roubos”. “Ademáis, esta casa en concreto é un exemplo de respeto e valorización do seu enterno medio ambiental e contén no seu interior obras da nosa mellor creación artística”, apuntalaron en un comunicado en el que, finalmente, piden la paralización del derribo y el estudio de las medidas “para que a lei sexa compañeira da xustiza”.

Estas manifestaciones vienen seguidas de la iniciativa de numerosos artistas plásticos y personas relacionadas con la cultura que han convertido la vivienda en un “museo” improvisado al que trasladaron buena parte de su obra para evitar, así, la demolición.


«A falta dun planeamento en Ourense é un caos e un escándalo»

31/05/2015-La Voz de Galicia

O arquitecto reivindica a singularidade da casa que queren derrubar en Reza

Fernando Blanco Guerra foi debuxando a súa relación con Ourense no exercicio desa profesión que pasa por crear espazos para vivir e disfrutar, no privado e no público. O arquitecto mozo asinaba proxectos xunto a María Jesús Blanco -a conversa é recurrente «Chus e máis eu fixemos…», «Coa Chusa proxectei…»- dende o estudo da Praza do Ferro. Logo chegou a experiencia americana, a volta ao estudo do Ourense antigo, a entrada como profesor na Escola de Arquitectura da Coruña, logo na de Guimaraes… e sempre pintando, facendo gravado, expoñendo e creando esculturas. Algunhas condeadas ao esquecemento. El vira a traxedia artística en sorna, engadindo no seu currículo -á súa condición de arquitecto, profesor universitario e artista- un sarcástico «escultor de monumentos públicos desaparecidos». O carballiñés viu como no seu pobo retiraban a árbore de ferro instalada xunto ao Concello -«e por riba trocearona eses salvaxes»- e en Compostela a escultura creada para o Parlamento de Galicia.

Ao longo destes anos Fernando Blanco foi proxectando intervencións por toda a cidade: do desaparecido pub Irán e a galería Visol ás esculturas de Homenaxe á Xeración Nós no Campus ou a da promoción de vivendas de Prieto Nespereira. Pasando por edificios na cidade ou rehabilitacións no casco vello -como a do restaurante Porta da Pía-. Da experiencia de Prieto Nespereira non quedou satisfeito: «En principio o garaxe ía ser público e logo converteuse en privado, iso réstalle impacto á intervención porque só se poden ver as barras de cores que saen á superficie». Pola provincia pódense ver moitas das súas creacións, a adega Viña Meín ou os estabelecementos de turismo Dona Branca e Vilavella son algúns exemplos.

Sigue coa súa mirada lúcida e a súa expresión libre. Dóelle que Ourense non sexa máis sensible coa arquitectura «non se valora, nin aquí nin en ningunha outra parte de Galicia. Ao mellor algo na Coruña, porque está a Escola, pero tampouco moito». Como profesor de Proxectos en A Coruña, xa non viaxa a Portugal, reivindica a reconstrucción: «Propóñolle aos alumnos coller un edificio vello e ver como podemos reconvertir iso nun espazo habitábel». E cre que non se pode seguir co caos da falta de planeamento na maior parte do territorio de Galicia «ou casos como o de Ourense, que é un caos e un escándalo».

Da escultura de Nós a Reza

Á hora de elexir un lugar emblemático resolveu a dúbida entre os dous que para el son significativos da cidade a favor do grupo escultórico da Xeración Nós. Os acontecementos provocaron o trasacordo: o lugar tiña que ser Reza, onde se atopa a vivenda que creou para Rosa e Miguel. Recoñece a carraxe e a raiba que o teñen desacougado dende hai tempo porque hai unha orde de derrubo da vivenda (estanse a recoller apoios para evitalo) que lle proxectou aos amigos: «É unha inxustiza e unha persecución».

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s