Ocupación temporal para o proxecto de trazado do “Acceso ao núcleo de San Vicente” (Vilamartín de Valdeorras, Ourense)

Para os efectos oportunos, publícase o Decreto ditado polo presidente da Deputación de Ourense, relativo á “Ocupación temporal” para o proxecto de trazado de “Acceso ao núcleo de San Vicente”, no Concello de Vilamartín de Valdeorras (Ourense)

Vilamartin_Valdeorras“Decreto”.- Ourense, 1 de xuño de 2015 A Deputación de Ourense adxudicou á consultora “GOC” o proxecto de trazado de “Acceso ao núcleo de San Vicente”, no concello de Vilamartín de Valdeorras, o cal inclúe catro alternativas para levar a cabo o acceso ao núcleo de San Vicente, por mor dos problemas de deslizamento da ladeira que se veñen ocasionando no actual acceso. Para a elección de cal das catro alternativas resulta a idónea, é necesario levar a cabo “recoñecementos xeotécnicos” dos terreos, motivo polo que o obxecto do levantamento das devanditas actas previas é para permitir a “ocupación temporal” para os recoñecementos xeotécnicos nuns casos, e noutros a “servidume de paso temporal” da maquinaria que é necesaria para levar a cabo os citados recoñecementos xeotécnicos, non a expropiación definitiva dos terreos. A servidume de paso será por un prazo máximo de tres meses, dende o levantamento das actas previas.

Unha vez visto o anteriormente exposto, e de conformidade co disposto no artigo 18.5 da Lei 8/2013, de estradas de Galicia, acordei:
Que se proceda ao levantamento das “Actas previas de ocupación temporal”, os vindeiros días 23 e 24 de xuño de 2015, ás horas que se sinalan, citándose aos propietarios dos bens e calquera outro interesado no procedemento, para que se presenten na Casa do Concello de Vilamartín de Valdeorras, os días e horas que se sinalan, podendo facer constar todos os extremos aos que se refire a regra 3ª do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.


Bens para ocupar.- Os bens que se ocuparán son os que deseguido se sinalan:
(Ver táboa páxinas 4-12)

BOP de Ourense nº129 do 8 de xuño de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s