Exposición pública do anteproxecto de Lei do patrimonio cultural de Galicia

ANUNCIO do 3 de xuño de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da exposición pública do anteproxecto de Lei do patrimonio cultural de Galicia.

patrimonio_cultural_GaliciaPara dar cumprimento ao disposto no artigo 7 do Decreto 111/1984, do 25 de maio, polo que se aproba o Regulamento de réxime interior da Xunta de Galicia, e no artigo 42 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon á disposición pública o anteproxecto de Lei do patrimonio cultural de Galicia.

As organizacións, as asociacións e a cidadanía en xeral poden facer as proposicións, as suxestións ou as recomendacións que consideren oportunas a este anteproxecto de lei desde o día da súa publicación na páxina web da consellería ata o 8 de xullo de 2015.

Estas proposicións, suxestións ou recomendacións deberán realizarse por medio do documento denominado «modelo_ alegacións_ anteproxecto de lei» que figura na páxina web, xunto co texto do anteproxecto, que deberá remitirse ao enderezo electrónico: patrimonio.cultura@xunta.es . Así mesmo, poderán presentarse nas formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.


DOG nº106 do 8 de xuño de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s