A loita veciñal dos Comuneiros de Cabral (Vigo)

comuneiros_CabralA loita veciñal dos Comuneiros de Cabral, en Vigo. Cotogrande é un parque forestal de man común que corre perigo de desaparecer pola avaricia da especulación, queren converter un monte veciñal de carballos, noceiras, abelleiras e castiñeiros nun macroproxecto de centro comercial. Apoiemos a loita destes valentes veciños que pelexan por manter o patrimonio natural da parroquia co seu monte e a traída de auga comunal. Está en xogo non só o monte senón manter a democracia, a transparencia e a participación.

“A historia que se conta no vide é a da movilización veciñal de Cabral, unha parroquia na periferia de Vigo, cuxos montes veciñais están en perigo de seren expoliados pola construción dun macro centro comercial por parte da empresa inglesa “Eurofund”.

O parque forestal da Becerreira, un dos máis grandes e fermosos da cidade, quedaría arrasado, e a propia comunidade perdería unha grande parte da propiedade comunal. Esta operación marcaría o inicio dun importante pelotazo urbanístico que interesa promocionar tanto ao Concello de Vigo como aos medios de comunicación locais, que silencian esa discordia.

Tamén é a historia da participación nesa especulación inmobiliaria da Xunta Reitora desa comunidade, que cegada por intereses económicos, actúa contra o seu propio monte enfrentando a veciños e exercendo un papel cheo de irregularidades.”

Vídeo PORTO CABRAL – SOS COMUNEIROS DE CABRAL

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s