Ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica LMT Nova Saída a Silleda-Boqueixón (A Coruña)

ACORDO do 27 de abril de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica LMT Nova Saída a Silleda-Boqueixón (Silleda e Boqueixón) (expediente 2013/270-4).

torre_electricaOutorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 536 m, tramo nova saída SilledaBoqueixón, no termo municipal de Boqueixón (expediente 2013/270-4), por Resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas do 5 de febreiro de 2015, a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo na avenida de Arteixo, nº 171, 15007 A Coruña.

Esta xefatura territorial acorda sinalar o día 17 de xuño de 2015 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Boqueixón, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP (Pontevedra), BOP (A Coruña) e nos xornais El Faro de Vigo e El Correo Gallego de datas 16.4.2014, 16.4.2014, 14.4.2014 e 4.4.2014, respectivamente; acto ao que deberán concorrer os propietarios propostos dos predios afectados, aos que se lles practicará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida Casa do Concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da devandita Lei de expropiación forzosa.


DOG nº102 do 2 de xuño de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s