O Concello de Ourense celebra a Semana de Medio Ambiente con actividades na cidade entre o 2 e o 7 de xuño

semana_medio_ambiente_OurenseA concelleira en funcións de Medio Ambiente, Susana Bayo, presentou esta mañá no Salón de Plenos do Concello a programación de actividades da Concellería para conmemorar a Semana Mundial do Medio Ambiente, que se celebrará esta semana na cidade. Asistiron á presentación Inés Quintán, da Asociación de Propietarios de Mascotas de Ourense, Tino Iglesias, de Servizos Gastronómicos e José Méndez, da empresa Bruma.

Así, entre o 2 e o 7 de xuño haberá propostas para todos os públicos, relacionadas coa reciclaxe, os productos ecolóxicos, o cambio climático e hortas infantís, entre outras. Serán en diversos espazos verdes da cidade: o parque Barbaña, a praza Diego González, Anxelita Paradela, parque de San Lázaro e Montealegre, ademais da Praza Maior.

Todas as actividades están englobadas dentro do lema mundial deste ano: “7.000 millóns de soños, un só planeta. Consume con moderación”. A programación completa de actividades é a seguinte.

Martes, 2 de xuño

(17:30 h, parque Barbaña): Eco xincana “A liga dos xusticieiros ambientais”.

Mércores, 3 de xuño

(17:30 h, praza Diego González): Obradoiro reciclarte “Antón e a fada das mil sementes”.

Xoves, 4 de xuño

(17:30 h, Anxelita Paradela): Eco xincana “a liga dos xusticieiros ambientais”.

(20 h, Paraninfo Otero Pedraio): Conferencia sobre cambio climático, impartida por Susana Bayo.

Venres, 5 de xuño

(17:30 h, parque San Lázaro): Obradoiro reciclarte “Antón e a fada das mil sementes”.

Sábado, 6 de xuño

(10 h, Praza Maior) Feira Comeourense.

(11 h e 12,30h, Praza Maior) Obradoiros infantís de cociña sostible.

(17:30 h, Montealegre): Charla coloquio sobre as estratexias das plantas.

Domingo, 7 de xuño

(11:30 h, Montealegre): Xincana explorador por un día e hortos infantís.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s