Novo formulario para a inscrición dos certificados de eficiencia enerxética dos edificios existentes

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2015 pola que se aproba o modelo de comunicación para a inscrición dos certificados de eficiencia enerxética dos edificios existentes no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia.

certificacion_energeticaNo Boletín Oficial del Estado do 13 de abril de 2013 publicouse o Real decreto 235/2013, do 15 de abril, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación de eficiencia enerxética dos edificios. O real decreto establece, na súa disposición transitoria terceira, que o órgano competente de cada comunidade autónoma en materia de certificación enerxética habilitará o rexistro de certificacións no seu ámbito territorial, co fin de dar cumprimento ás exixencias de información que establece a Directiva 2010/31/UE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 19 de maio de 2010.

Pola súa banda, a Xunta de Galicia, mediante o Decreto 42/2009, do 21 de xaneiro, polo que se regula a certificación enerxética de edificios de nova construción na Comunidade Autónoma de Galicia, creou no seu artigo 17 o Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios da Comunidade Autónoma de Galicia e adscribiuno á dirección xeral competente en materia de enerxía.

A Resolución do 20 de maio de 2013 aproba o modelo de solicitude para a inscrición dos certificados de eficiencia enerxética dos edificios existentes no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia.

O 21 de xaneiro de 2014, o Instituto Enerxético de Galicia asume as competencias en materia de certificación enerxética con base na Resolución do 9 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se delegan competencias no Instituto Enerxético de Galicia.

Dado o gran volume de expedientes que se xeraron coa entrada en vigor do Real decreto 235/2013 e co fin de axilizar os trámites e beneficiar o administrado, este organismo cre necesario aprobar un novo modelo de comunicación mediante o cal os propietarios presenten o certificado de eficiencia enerxética dos edificios existentes ante o órgano competente na materia e que substitúa o modelo de solicitude de inscrición vixente ata agora.

(…)

Así, a comunicación dos certificados farase de xeito electrónico, a través dunha nova aplicación que permitirá tamén a xeración automática do impreso de aboamento da taxa vixente e incluso a opción do seu pagamento telemático. Unha vez presentada telematicamente a comunicación do certificado de eficiencia enerxética e realizado o pagamento da taxa correspondente, o usuario poderá obter automaticamente a súa etiqueta enerxética xa rexistrada, o cal facilitará e axilizará o procedemento.

(…)

RESOLVO:

Modificar o procedemento para a inscrición dos certificados de eficiencia enerxética dos edificios existentes no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia.

O/a propietario/a de todo edificio existente incluído no ámbito de aplicación do Real decreto 235/2013, do 15 de abril, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación de eficiencia enerxética dos edificios, deberá comunicarlle ao Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia o certificado de eficiencia enerxética segundo o disposto no dito real decreto.

Os técnicos que emitan os certificados poderán comunicar os certificados de eficiencia enerxética en representación do/da propietario/a do edificio de acordo co previsto no artigo 32 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, polo que se garante en todo caso a capacidade.

A presentación das comunicacións dos certificados de eficiencia enerxética dos edificios existentes para proceder ao seu rexistro realizarase unicamente por vía electrónica a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es, de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

(…)


DOG nº101 do 1 de xuño de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s