Clasificación dos montes de Gramil, Coto do Gato e outros, a favor dos veciños da CMVMC de Santiago de Oliveira (Concello de Ponteareas)

ANUNCIO do 15 de maio de 2015, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación dos montes denominados Gramil, Coto do Gato e outros, solicitado a favor dos veciños da CMVMC de Santiago de Oliveira, da parroquia de Santiago de Oliveira, do concello de Ponteareas, e se abre un período dun mes para a práctica de alegacións.

parroquia_Santiago_Oliveira_PonteareasO Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 18 de febreiro de 2014, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común dos siguientes montes:

Concello: Ponteareas.

Parroquia: Santiago de Oliveira.

– Nome do monte: Gramil ou parcela B.

Segundo información que consta no expediente os seus lindes son:

Cabida: 12.233 m2 aprox. (superficie alegada na solicitude).

Lindes: polígono 84/parcela nº 269.

Norte: noreste, con camiño público asfaltado, noroeste con CMVMC de Celeiros (parcela ¿?).

Sur: con camiño-pista forestal, que separa a parcela A de CC.MM. Stgo. Oliveira (parcela 414).

Leste: con camiño-pista forestal, que separa da parcela A de CC.MM Stgo. de Oliveira (parcela 15/polígono 83).

Oeste: coa parcela de Severo González González (parcela 268), a de Otilia Pino Mouriño (parcela 267) e a de Emilia Vidal Sotelo (parcela 266).

– Nome do monte: Fraga do Rei ou parcela C.

Cabida: 5.538 m2 aprox. (superficie alegada na solicitude).

Lindes: polígono 85/parcela nº 95.

Norte: coa parcela D (colexio público) CC.MM de Santiago de Oliveira (parcela 94) e a parcela E CC.MM de Santiago de Oliveira (parcela 93 parte).

Sur: coa CC.MM de Celeiros (parcela ¿?).

Leste: coa parcela D (colexio público) CC.MM de Santiago de Oliveira (parcela 94).

Oeste: con camiño público asfaltado.

– Nome do monte: Fraga do Rei-CEIP Santiago de Oliveira ou parcela D.

Cabida: 15.515 m2 aprox. (superficie alegada na solicitude).

Lindes: polígono 85/parcela nº 94.

Norte: con muro que a pecha e separa da parcela E CC.MM de Santiago de Oliveira (parcela 93 parte).

Sur: con muro que a pecha e separa da parcela C CC.MM de Santiago de Oliveira (parcela 95).

Leste: con muro que a pecha e separa da parcela E CC.MM de Santiago de Oliveira (parcela 93 parte).

Oeste: con muro que a pecha e separa da parcela C CC.MM de Santiago de Oliveira (parcela 95) e con camiño público asfaltado por onde se serve e posúe a entrada.

– Nome do monte: Fraga do Rei ou parcela E.

Cabida: 9.507 m2 aprox. (superficie alegada na solicitude).

Lindes: polígono 85/parcela nº 93 parte.

Norte: con pista forestal que separa a parcela F CC.MM de Santiago de Oliveira (parcela 93 parte).

Sur: con muro que pecha e separa da parcela D (colexio Público) CC.MM de Santiago de Oliveira (parcela 94), a parcela C CC.MM de Santiago de Oliveira (parcela 95) e camiño público asfaltado.

Leste: con camiño-pista forestal que separa da parcela S CC.MM de Santiago de Oliveira (parcela 26).

Oeste: con muro que pecha e separa da parcela D (colexio público) CC.MM de Santiago de Oliveira (parcela 94) e pista forestal que separa da parcela F.

– Nome do monte: Fraga do Rei ou parcela F.

Cabida: 3.852 m2 aprox. (superficie alegada na solicitude).

Lindes: polígono 85/parcela nº 93 parte.

Norte: coa diocese de Tui-Vigo (parcela 34), a de herdeiros de Jesús Martínez (parcela 35), José Martínez Vidal (parcela 36), José González Pino (parcela 37), Josefa González González (parcela 38) e a de Antonio González Rial (parcela 39).

Sur: con pista forestal que separa da parcela E CC.MM da Santiago de Oliveira (parcela 93 parte).

Leste: con pista forestal que separa da parcela G CC.MM da Santiago de Oliveira (parcela 93 parte).

Oeste: en punta con camiño público asfaltado.

– Nome do monte: Fraga do Rei ou parcela G.

Cabida: 42.022 m2 aprox. (superficie alegada na solicitude).

Lindes: polígono 85/parcela nº 93 parte.

Norte: con soma-pedras que pechan a de herdeiros de Consuelo Candeira (parcela ¿?), e con camiño-pista forestal que separa da parcela M.

Sur: con pista forestal que separa da parcela E CC.MM da Santiago de Oliveira (parcela 93 parte).

Leste: con pista forestal que separa da parcela Q CC.MM da Santiago de Oliveira (parcela 290 parte-polígono 82) e pista forestal que separa da parcela S de CC.MM de Santiago de Oliveira (parcela 26, polígono 83).

Oeste: con camiño-pista forestal que separa das parcela H, I, J de CC.MM de Santiago de Oliveira (parcela 5001, 135…) e pista forestal que separa da parcela F de CC.MM de Santiago de Oliveira (parcela 93 parte) e de montes particulares 8 parcela 39, 347, 40, 41…).

– Nome do monte: Xan Mouriño ou parcela H.

Cabida: 3.700 m2 aprox. (superficie alegada na solicitude).

Lindes: polígono 85/parcela nº 5001.

Norte: coa de Antonio González Penavella (parcela 133) e a nº 132 que se descoñece.

Sur: en punta pista e Pilar Domínguez Fornos (parcela nº 40).

Leste: con camiño-pista forestal que separa da parcela G de CC.MM de Santiago de Oliveira (parcela 93 parte).

Oeste: con muretes e somas que pechan as de Leovegilda Leandrez Cerdeira (parcela 41), a de Ramiro González Ocampo (parcela 42), a de Consuelo González Rodríguez (parcela 44), a de Salvador Sotelo Pino (parcela 43), a de Domingo López Varela (parcela 45), a de Josefina Martínez Carrera (parcela 46), a de Ramón Iglesias Rodríguez (parcela 131), a de Manuel Rodríguez Sotelo (parcela 130), a de Lucía Moreira (parcela 129), a de… (parcela 132), a de José González Pino (parcela 128), a de Antonio Gesteira Rodríguez (parcela 125), a de Rudesinda Domínguez Vidal (parcela 126).

– Nome do monte: Xan Mouriño ou parcela I.

Cabida: 1.017 m2 aprox. (superficie alegada na solicitude).

Lindes: polígono 85/parcela nº 135.

Norte: con murete que pecha e separa a de José González Pino (parcela 137).

Sur: con murete que pecha e separa a de Ramón Iglesias Rodríguez (parcela 134).

Leste: con camiño-pista forestal que separa da parcela G de CC.MM de Santiago de Oliveira (parcela 93 parte).

Oeste: con murete que pecha e separa a de Pilar Domínguez Fornos (parcela 136) a de Rudesinda Domínguez Vidal (parcela 152), en medio camiño.

– Nome do monte: Xan Mouriño ou parcela J.

Cabida: 663 m2 aprox. (superficie alegada na solicitude).

Lindes: polígono 85/parcela nº ¿?.

Norte: con murete que pecha e separa a de Rudesinda Domínguez Vidal (parcela 338).

Sur: en punta pista e José González Pino (parcela 137).

Leste: con camiño-pista forestal que separa da parcela G (parcela 93 parte, polígono 85) e a que separa da parcela M (parcela 420 parte, polígono 88) ambas da CC.MM de Santiago de Oliveira.

Oeste: con murete que pecha e separa a de José González Pino (parcela 137), a de Pilar Domínguez Fornos (parcela 138), a de José González Pino (parcela 139) a de Rudesinda Domínguez Vidal (parcela 140).

– Nome do monte: Camargo ou parcela K.

Cabida: 4.404 m2 aprox. (superficie alegada na solicitude).

Lindes: polígono 85/parcela 340.

Norte: con camiño público asfaltado.

Sur: con muro que contén, pecha e separa a de Genaro González Fernández (parcela 167) e camiño público.

Leste: con camiño-pista forestal que separa da parcela M de CC.MM de Santiago de Oliveira (parcela 420-polígono 88).

Oeste: con muro que pecha e separa a de Genaro González Fernández (parcela 167) e a de José González Pino (parcela 166).

– Nome do monte: Soutiño-Camargo (DEP) ou parcela L.

Cabida: 7.314 m2 aprox. (superficie alegada na solicitude).

Lindes: polígono 88/parcela 49.

Norte: con somas e muretes que a conteñen e separan de Rudesinda Domínguez Vidal (parcela 462) e outras (parcela 8464 e 49 parte).

Sur: con camiño público asfaltado e camiño-pista forestal que separa da parcela M da CC.MM de Santiago de Oliveira (parcela 420 parte).

Leste: en punta camiño-pista forestal.

Oeste: con ribazo alto que a contén e separa de camiño-pista forestal e camiño sobre a propiedade que separa de murete que pecha a de Salvador Dello González Fernández (parcela 463) e a de Alejandro González González (parcela 464).

– Nome do monte: Fraga do Rei ou parcela M.

Cabida: 25.716 m2 aprox. (superficie alegada na solicitude).

Lindes: polígono 88/parcela 420 parte.

Norte: con camiño-pista forestal que separa en parte da parcela L de CC.MM de Santiago de Oliveira (parcela 49).

Sur: con camiño-pista forestal que separa da parcela G da CC.MM de Santiago de Oliveira (parcela 93 parte, polígono 85).

Leste: en parte con Regueira que separa de montes particulares e gabia que separa da esposa de Santiago García Palacios (parcela 420 parte).

Oeste: con camiño-pista forestal que separa das parcela J e K de CC.MM de Santiago de Oliveira (parcela 93 parte-polígono 85).

– Nome do monte: Monte Candeira ou parcela N.

Cabida: 11.840 m2 aprox. (superficie alegada na solicitude).

Lindes: polígono 88/parcela 420 parte.

Norte: con antiguo camiño que transcorre sobre a propiedade que separa de murete que pecha montes particulares (parcela 420 parte).

Sur: con camiño pista forestal que separa da parcela O (parcela 93, parte polígono 85) e o camiño que separa da parcela Ñ (parcela 15, polígono 88) ambas de CC.MM de Santiago de Oliveira.

Leste: en punta con camiño-pista forestal.

Oeste: coa parcela da esposa de Santiago García Palacios (parcela 420 parte) e a parcela M.

– Nome do monte: Matamau ou parcela Ñ.

Cabida: 775 m2 aprox. (superficie alegada na solicitude).

Lindes: polígono 88/parcela 15.

Norte: con camiño-pista forestal que separa da parcela N (parcela 420 parte) de CC.MM de Santiago de Oliveira).

Sur: con camiño-pista forestal.

Leste: con murete que pecha e separa a de Angustias Penavella (parcela 14).

Oeste: con camiño-pista forestal.

– Nome do monte : Matamau ou parcela O.

Cabida: 12.870 m2 aprox. (superficie alegada na solicitude).

Lindes: polígono 85/parcela 93 parte.

Norte: con camiño-pista forestal que separa da parcela N (parcela 93, parte polígono 85) de CC.MM de Santiago de Oliveira.

Sur: con camiño-pista forestal que separa da parcela P (parcela 290, parte polígono 82) de CC.MM de Santiago de Oliveira.

Leste: en punta con camiño-pista forestal.

Oeste: con soma-pedras que pecha a de herdeiros de Consuelo Candeira (parcela ¿?).

O que se pon en coñecemento de todos os interesados, para efectos de abrir un período dun mes de duración para que se poida examinar o expediente e aducir durante este tempo o que se considere procedente en relación cos montes de referencia, así como presentar cantas alegacións, documentos ou información coiden convenientes e, se for o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da dita lei.


DOG nº101 do 1 de xuño de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s