Últimos días para solicitar as axudas convocadas polo Concello de Ourense para gastos pola realización de informes de inspección técnica de edificios

concello_OurenseO Concello de Ourense quere lembrar que ata o día 1 de xuño está aberto o prazo de presentación de solicitudes para a convocatoria 2015 de subvencións realizada polo Concello para gastos derivados da realización dos informes da inspección técnica de edificacións (ITE).

O obxecto da convocatoria é subvencionar parcialmente o custo da redacción do Informe de Inspección Técnica da Edificación, ben de xeito independiente, ben incorporado no Informe de Avaliación do Edificio como parte deste.

Polo tanto subvenciónanse os honorarios profesionais xerados pola redacción do informe de Inspección Técnica da Edificación que se describe na Ordenanza municipal reguladora do deber de conservación, da inspección técnica de edificacións e de ruína do Concello de Ourense.

A presentación do informe de ITE dentro do prazo establecido pola ordenanza municipal reguladora é requisito indispensable para poder participar na convocatoria. Non entanto, tamén habilitará para participar nela o informe de ITE presentado voluntariamente

O informe ten que referirse a edificios ou parte deles que teñan uso residencial e constitúan a vivenda habitual do solicitante da subvención. A persoa solicitante (ou a unidade familiar na que se inclúa) non poderá superar en máis de 2,5 o indicador público da renda de efectos múltiples (IPREM).

As axudas contan cunha partida de 25.000 euros para este exercicio. A contía máxima da axuda non poderá superar o máis desfavorable dos dous seguintes límites:

a) Non excederá o 50% do custo da elaboración do informe do edificio ou ben, no caso de inmobles suxeitos ao réxime de propiedade horizontal, o 50% do gasto proporcional que lle corresponde asumir.

b) Non superará o importe máximo de 200 € por solicitante.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral do Concello de Ourense ou en calquera das formas previstas no artigo 38 da Lei 30/92. A documentación a presentar é a determinada nas bases xerais publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Ourense de 9 de outubro de 2013.

As persoas interesadas poden obter máis información na páxina web do Concello ou no Servizo de Rehabilitación, na rúa Primavera, 1, teléfono 988 388237.

Subvencións compatibles coas doutras administracións

A presente subvención é compatible con calquera outra de carácter público que poida outorgarse polo concepto obxecto da presente convocatoria. O pasado día 6 de abril de 2015, no Diario Oficial de Galicia nº 63, publicouse a Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia de data 9 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do programa de apoio á implantación do informe de avaliación dos edificios do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas, 2013 – 2016, e se procede a súa convocatoria para o ano 2015. O prazo para esta convocatoria da Xunta de Galicia remata o día 7 de agosto de 2015.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s