Información pública do proxecto modificado do Parque Eólico Coto da Mina (Piñor e O Irixo)

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública o proxecto modificado de execución do Parque Eólico Coto da Mina-OU/10, o seu estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial, así como as solicitudes de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, que se desenvolverá nos concellos de Piñor e O Irixo (Ourense) (expediente IN661A 2010/01-3 AT).

canon_eolico1. Alcance da información pública, lexislación.

Sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa, de declaración de utilidade pública e de aprobación do proxecto de execución dos trámites do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e do estudo de impacto ambiental do Parque Eólico Coto da Mina-OU/10.

A lexislación que basicamente é de aplicación para os efectos anteriores é a seguinte: Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, de aplicación ao expediente polo sinalado na disposición transitoria primeira da dita lei; Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia; Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

2. Órgano competente.

Segundo o sinalado no artigo 38 da Lei 8/2009, o órgano competente para ditar a resolución de autorización deste proxecto é a Dirección Xeral de Enerxía e Minas.

3. Características básicas do proxecto.

O proxecto, que foi admitido a trámite pola resolución da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, do 30 de abril de 2010 (DOG do 25 de maio), ao abeiro da Orde do 20 de xaneiro de 2010, conta coas seguintes características:

a) Peticionaria: Coto da Mina, S.A.

b) Enderezo: Parque de S. Lázaro, nº 7, 1º, 32003 Ourense.

c) Denominación: Parque Eólico Coto da Mina.

d) Potencia admitida a trámite: 15,2 MW.

e) Situación: concellos de Piñor e O Irixo (Ourense).

As coordenadas poligonais que definen o parque (proxecto modificado de setembro de 2013), en unidades UTM, son as seguintes: punto 1 (576.400; 4.711.100); punto 2 (577.250; 4.710.800); punto 3 (577.250; 4.707.900); punto 4 (576.600; 4.707.900); punto 5 (576.000; 4.709.100); punto 6 (576.250; 4.710.800).

No seguinte cadro indícanse por concellos as posicións dos cinco aeroxeradores, tamén en coordenadas UTM (H29 ED50):

Nº aerox.

UTM x (m)

UTM y (m)

Concello

1

576.874

4.708.859

Piñor

2

576.652

4.709.064

O Irixo

3

576.334

4.709.173

O Irixo

4

576.941

4.710.070

Piñor

5

576.723

4.710.280

O Irixo

f) Datos técnicos:

– Conxunto de cinco aeroxeradores Vestas-V112 de 3.000 kW/ud., que suman unha potencia bruta total de 15 MW; equipados con turbina, multiplicador e xerador eléctrico, situados no alto dunha torre de aceiro de: 119 m de altura de buxeiro, cimentada sobre zapata de formigón armado.

– Interconexión dos aeroxeradores con liña eléctrica subterránea, a 20 kV, condutor RHZ1 12/20 kV, para evacuación da enerxía producida ata a subestación transformadora do Parque Eólico Coto Frío, 132/20 kV, situada nas proximidades.

– CT que se vai instalar en cada aeroxerador de 3.350 kVA, con r/t 0,65/20 kV, cos elementos de protección e auxiliares necesarios.

– Sistemas de control e supervisión.

g) Orzamento: 13.752.217 €.

4. Urxente ocupación.

A peticionaria, ao abeiro do título IX da Lei 24/2013, do 26 de decembro, solicita así mesmo a declaración de utilidade pública das instalacións, o que, segundo o sinalado no artigo 56 daquela, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados –os cales se describen na relación adxunta– e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

5. Estudo ambiental.

O estudo de impacto ambiental sométese a información pública en aplicación da normativa indicada no número 1 e pode ser examinado nas xefaturas territoriais de Ourense das consellerías de Economía e Industria e de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e nos concellos afectados. Este proxecto está suxeito ao procedemento de avaliación ordinaria de impacto ambiental.

6. Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

Ten por obxecto realizar a ordenación do territorio do parque eólico. O proxecto está clasificado de incidencia supramunicipal por ser desenvolvemento do Plan eólico de Galicia, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia do 1 de outubro de 1997 (DOG do 15 de decembro), coa súa posterior modificación do 5 de decembro de 2002 (DOG do 3 de xaneiro de 2003).

7. Alegacións.

Os interesados e os seus representantes poden examinar o expediente nas oficinas desta xefatura territorial, rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º, Ourense, tamén nos organismos citados no punto 4, no que respecta ao estudio ambiental, e presentar, de ser o caso, as alegacións que crean oportunas no prazo de trinta (30) días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ao Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.


Relación de propietarios, bens e dereitos afectados: DOG nº96 do 25 de maio de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s