No Día Mundial da Biodiversidade, hai moita vida no rural galego fóra do eucalipto!

monte_galegoA ONU proclamou o 22 de maio Día Internacional da Diversidade Biolóxica, para subliñar a importancia de conservar este patrimonio. Este ano o lema é “Biodiversidade para o desenvolvemento sustentábel”. Na Galiza, unha manchea de colectivos sociais adscritos á campaña “Cousa de Raíces” queremos amosar as nosas experiencias para criar riqueza e dinamizar o rural, fuxindo dos monocultivos e o abandono que promoven algunhas institucións.

´Cousa de Raíces´: O mundo rural galego en movemento!

 

cousa_de_raices“Cousa de Raíces” xorde por iniciativa de ADEGA en 2014 e está aberta á participación de todas as persoas, entidades e colectivos dispostas a traballar por un mesmo obxectivo: defender o noso bosque autóctono e o noso patrimonio rural a través do seu coñecemento e posta en valor. Preto de 50 entidades, colectivos, asociacións e investigadores sumáronse xa a esta causa.

Neste 2015, no Dia Mundial da Biodiversidade (22 de maio), dende “Cousas de Raíces” queremos presentar unha serie de proxectos que se están a desenvolver por todo o territorio galego de posta en valor do noso monte máis alá do seu aproveitamento madeirábel, máis aló da ditadura do eucalipto.

Queremos dar a coñecer estas iniciativas que demostran a gran potencialidade do monte galego, a súa multifuncionalidade, a súa capacidade de xerar recursos, actividade económica e social e a súa enorme riqueza. E queremos facelo con proxectos reais que xa están a funcionar e que saíron da iniciativa popular, dos veciños e veciñas comuneiros, de colectivos sociais, do emprendemento privado, da xente que vive e quere ao noso rural e ao monte galego.

Iniciativas reais para o desenvolvemento sustentábel

 

Dende Cervo ao Incio, dende Porto do Son a Mondariz, na costa, na montaña e arredor das grandes urbes, unha manchea de colectivos sociais, comunidades de montes, propietarios/as e pequenas empresas, queremos amosar que é posíbel desenvolver as enormes potencialidades do rural galego, con inciativas baseadas na tradición e novidosas, e ao tempo, respectar o patrimio natural, histórico e cultural que acubilla e dalle aínda máis valor ois seus produtos.

Aproveitamento e recuperación dos soutos, apicultura e conservación do lobo, recuperación e comercialización das razas gandeiras autóctonas, silvopastoreo, cooperativas para loitar contra o lume e o abandono, recuperación e posta en valor do patrimonio etnográfico e arqueolóxico, roteiros culturais e servizos ecoturísticos, froitos do bosque, porco celta, produtos da castaña…

Unha manchea de inicativas froito do esforzo, colaboración e compromiso de quenes nos resistimos a aceptar que, como dixera o ex-conselleiro de Medio Rural Samuel Juárez, “El mundo rural no tiene futuro y está condenado a desaparecer”.

Dende “Cousa de Raíces” queremos agradecer a todos os colectivos e asociacións que forman parte da campaña, a súa implicación no proxecto e a súa colaboración na elaboración deste pequeno documento. Convidamos a outras comunidades, colectivos, particulares, empresas ou sociedades que queiran promover e divulgar a súa experiencia sustentábel, e comprometerse cos nosos bosques autóctonos e patrimonio rural, a contactar e achegarnos as súas experiencias.


Visualiza aquí o documento:

Descárgao aquí:

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s