Revisión da descrición do monte veciñal en man común Chaira (Cerdedo, Celanova)

ANUNCIO do 22 de abril de 2015, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica o Acordo do 18 de marzo de 2015, relativo á proposta de revisión da descrición do monte veciñal en man común Chaira, pertencente a Cerdedo, O Casal, Trasmiras, Outeiro, Pazo das Chousas, Os Prados, As Chousas e As Lamas, no concello de Celanova.

montes_CelanovaO Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, examinada a súa solicitude de revisión da cartografía do MVMC Chaira, adoptou o seguinte acordo, baseándose nos feitos e consideracións legais que a seguir se expoñen:

Feitos:

Primeiro. Con data do 3 de abril de 2013 (nº entrada 9600/rx 249692) María Ángeles Montes Deza-López presentou unha solicitude dirixida ao Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común co obxecto de que fose revisada a delimitación que consta na carpeta ficha do MVMC Chaira, propiedade dos veciños dos lugares de Trasmiras, Outeiro, Pazo das Chousas, Os Prados, As Chousas, Cerdedo, O Casal e As Lamas. De acordo coa solicitante, dita delimitación presenta discrepancias coa realidade, que afectan a diversas fincas particulares.

Segundo. Con data do 19 de febreiro de 2014 o Servizo de Montes informou que se deberían revisar a descrición e planos do monte veciñal Chaira, de acordo co procedemento da disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

A proposta de revisión achegada polo Servizo de Montes é a seguinte:

Nome do monte veciñal en man común: Chaira.

Pertenza: Cerdedo, O Casal, Trasmiras, Outeiro, Pazo das Chousas, Os Prados, As Chousas e As Lamas.

Parroquia: Acevedo do Río (San Xurxo).

Concello: Celanova.

Superficie total: 564.372 m2 (56,4372 ha).

1º. Os terreos do monte constitúen un couto redondo, formado por 18 parcelas catastrais, todas do concello de Celanova:

– Polígono 117 parcelas: 301 completa (76.903 m2), 638 completa (58.352 m2), 1.071 completa (1.523 m2), 1.072 completa (684 m2), 1.073 completa (280 m2), 1.074 completa (489 m2), 1.076 completa (14.047 m2), 1.077 completa (13.983 m2), 1078 completa (127.012 m2), 1.079 completa (9.665 m2), 1.080 completa (9.146 m2), 1.081 completa (1.377 m2), 1.082 completa (16.648 m2), 1.083 completa (16.874 m2) e 1.084 completa (1.881 m2).

– Polígono 120 parcelas: 197 completa (213.044 m2), 273 completa (914 m2) e 6.002 parte (1.550 m2 dun total de 2.723 m2 que ten a parcela completa).

2º. O monte non presenta encravados.

3º. Estrema coas parcelas catastrais seguintes (todas do concello de Celanova, con todas as coordenadas referidas á proxección UTM, fuso 29 N, zona T, datum ED50):

Norte (enumeradas de oeste para leste):

– Desde o punto 1, con coordenadas X=581.379,23 Y=4.666.765,12, ata o punto 2, con coordenadas X=581.782,67 Y=4.666.724,56, parcela 9.003 do polígono 117 (camiño rural de dominio público).

– Desde o punto 2 ata o punto 3, con coordenadas X=582.122,88 Y=4.666.930,20, parcelas 554, 560, 561, 562, 932, 933, 636, 635, 634, 633 e 630 do polígono 117.

– Desde o punto 3 ata o punto 4 con coordenadas X=582.441,16 Y=4.667.272,80 parcela 9.003 do polígono 117 (camiño rural de dominio público).

Leste (enumeradas de norte para sur):

– Desde o punto 4 ata o punto 5, con coordenadas X=582.340,02 Y=4.666.962,56, parcela 9.003 do polígono 117 (camiño rural de dominio público).

– Desde o punto 5 ata o punto 6, con coordenadas X=582.557,95 Y=4.666.519,64, parcelas 725 ata 731, 763 ata 768, 771, 772, 783, 793 ata 795, 1.021, 796, 797, 1.022 ata 1.025, 1.027 e 922 do polígono 117.

Sur (enumeradas de leste para oeste):

– Desde o punto 6 ata o punto 7, con coordenadas X=582.420,00 Y=4.666.403,00, parcela 9.003 do polígono 117 (camiño rural de dominio público), parcela 9.005 do polígono 120 (camiño rural de dominio público) e parcela 9.001 do polígono 120 (estrada OU-0209 de dominio público).

– Desde o punto 7 ata o punto 8, con coordenadas X=582.142,09 Y=4.666.179,52, liña límite de termo municipal Verea-Celanova materializada por un camiño.

– Desde o punto 8 ata o punto 9, con coordenadas X=582.078,07 Y=4.666.299,70, parcelas 269 e 200 do polígono 120.

– Desde o punto 9 ata o punto 10, con coordenadas X=581.359,63 Y=4.666.207,49, parcela 9.004 do polígono 120 (camiño rural de dominio público).

Oeste (enumeradas de sur para norte):

– Desde o punto 10 ata o punto 11, con coordenadas X=581.380,93 Y=4.666.256,36, parcela 186 do polígono 120 e parcelas 1.068, 1.067 e 1.066 do polígono 518.

– Desde o punto 11 ata o punto 1, parcela 9.003 do polígono 117 (camiño rural de dominio público).

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira, establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

De acordo con ela, os esbozos de montes veciñais integrados nun expediente que pola súa antigüidade non reúnan as características de fiabilidade e precisión que exixen as novas técnicas topográficas poderán ser obxecto de revisión axustándose e completándose con aqueles datos e documentos que se consideren necesarios, en particular os requiridos para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, de acordo coa proposta do Servizo de Montes do 19 de febreiro de 2014, acordou por unanimidade o día 18 de marzo de 2015:

Aprobar a proposta de revisión da descrición do monte veciñal en man común Chaira, pertencente a Cerdedo, O Casal, Trasmiras, Outeiro, Pazo das Chousas, Os Prados, As Chousas e As Lamas, no concello de Celanova, de acordo co exposto no feito segundo.


DOG nº88 do 12 de maio de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s