Notas críticas: Intervención urbanística con complexo Massó (Cangas do Morrazo)

09/03/2015-Observatorio Galego do Territorio. Centro de Estudos Avanzados (USC)

O complexo industrial Massó de CanMassogas do Morrazo constitúe un conxunto único polo excepcional valor cultural e social que deriva da súa transcendencia na historia contemporánea de Galicia. A estes valores véñense a sumar a súa localización e integración nun contorno paisaxístico privilexiado cunha chea de posibilidades para o goce, recreación e lecer dentro dunha zona con alto índice poboacional e interese turístico. Isto convérteo nun factor clave en tanto que xerador de desenvolvemento cultural, social e económico sustentable da comunidade, non só local mais de toda a bisbarra do Morrazo e da ría de Vigo.

Primeiro e previo a todo

Cómpre un Proxecto Global Urbanístico que abranga as diferentes compoñentes das aspiracións da comunidade interesada. Un plan de intencións no que se diga que se quere facer e que uso se lle quere dar; sobre que partes e edificacións se debe intervir e con que obxecto.

Segundo. Inspección técnica básica

Na visita do día 15.11.14 foi doado comprobar que o estado de conservación dalgunhas edificacións  -nomeadamente a factoría conserveira, por non falar doutras-  é tal que seguramente, alomenos nalgunhas partes ou elementos, se debe desbotar calquera posibilidade de reedificación e/ou rehabilitación. Esta inspección técnica básica débese realizar metodicamente en todo aquilo que sexa afectado polo Plan de Intervención no Complexo Massó.

Asemade, é precisa unha inspección xurídica para coñecer a afectación de todos os elementos e parcelas polas diferentes normativas (europea, estatal, local etc.) e o réxime administrativo ao que se suxeitan (Costas, Porto de Vigo, Parques Nacionais, plans especiais etc).

Terceiro. Determinantes do Proxecto

  • medio-ambientais e patrimoniais en xeral.
  • técnico-prácticos. Albíscase que a factoría conserveira, buque-insignia do Complexo, polo seu valor cultural, tamaño, a súa magnificencia e as súas inmensas e variadas posibilidades, excede con moito probablemente ás necesidades/posibilidades de rango local. O edificio semella pedir e merecer un uso supra-local, autonómico ou mesmo supra-autonómico (non esquezamos a proximidade de Vigo e Portugal polo sur, e as  rías de Aldán e Pontevedra ao norte) dependendo todo iso do uso que se lle queira dar.
  • tendo en conta a intensa identificación do pobo de Cangas e de toda a bisbarra do Morrazo co Complexo Massó, debido á súa historia e ao seu enraizamento na memoria colectiva, semella evidente que tal identificación debe manterse viva e mesmo máis desenvolvida logo da intervención. Cómpre distinguir entre ‘uso público’ e ‘uso popular’, e axeitar en cada caso os usos ás características particulares de cada sector do Complexo. Espazos para goce público (e aquí tamén popular), ben xardíns ou doutro tipo, haberán ser sen dubida promovidos, pero hai espazo e instalacións para moito máis.

Cuarto. O Gran Reto

Unha intervención no Complexo Massó significa un grandísimo reto para os arquitectos, urbanistas e profesionais do patrimonio cultural. E non menor para os responsables da súa xestión: aquí sobresaen por eles mesmos os aspectos sociais e políticos. Pódese partir de dúas ideas fundamentais: a primeira, que non se debe deixar ningunha oportunidade á especulación con fins privados; a segunda, que as decisións deben tomarse co meirande consenso posible, e deben estar sempre acubilladas polo asesoramento técnico e profesional. Isto é así porque o íntimo e forte vencello entre o Complexo Massó e a sociedade fan que se as decisións non son asumidas por unha clara maioría social, o fracaso é case que inevitable. O máis complexo, e con todo  imprescindible  -particularmente neste caso-, é artellar modos e canles para a participación cidadá no deseño da intervención.

Se calquera intervención arquitectónico-urbanística sobre un legado de valor cultural recoñecido esixe fidelidade aos seus valores patrimoniais, aínda sen renunciar aos propios do momento histórico no que se fai a intervención, no caso que nos ocupa isto debe ser así na máis alta medida, pois os valores do Complexo Massó para a bisbarra do Morrazo non son só patrimoniais, senón moitos máis e doutro tipo.

Massó significou para estas terras do Morrazo a implantación da industrialización con maiúsculas e a intervención, ás veces en formas que merecen ser tidas por vangardistas. Sexa isto dito en termos moi xerais, e esquecendo polo de agora outros axentes de modernización nada desprezables. Tal innovación faise práctica en varios aspectos:

  1. No social. As relacións alén dos aspectos puramente laborais entre os traballadores e a empresa sorprende hoxe ao visitante do Complexo Massó en Cangas e do Museo Massó en Bueu. Testemuñas materiais diso son, por exemplo, a gardería infantil, o economato e o comedor, ou o pequeno dispensario de urxencias (exposto no Museo) que estaba na propia nave de elaboración, onde se podían atender incidentes médicos. O hotel para traballadores solteiros; as vivendas para outros con familia. A empresa tiña unha potente e avanzada política social favorable para os seus empregados. De feito aínda hoxe sorprende o vencello emocional co seu pasado na empresa de antigas empregadas e empregados e a súa transmisión ás novas xeracións como un sentimento identitario e un valor cultural.
  2. No técnico-industrial. Massó distinguíase polo bo facer e a calidade dos seus produtos alimenticios, mais tamén pola súa grande aportación tecnolóxica desenvolvendo patentes que modernizaron a industria conserveira na península e fóra. O mesmo pódese dicir do sistema de alimentación enerxética, por exemplo.
  3. Na Arquitectura e Estética. Da Arquitectura fala coa elocuencia do evidente a Factoría Conserveira de Cangas. Da Estética, o coidado deseño dos envases dos produtos, incluíndo unha tipografía  e un colorido que semella render unha homenaxe á pintura que no tempo facía furor nos círculos artísticos europeos.
  4. Conclusión. Unha intervención arquitectónico-urbanística no Complexo Massó debe evitar a toda costaa museificación do que houboe permaneceen parte. Ao contrario, a fidelidade antes amentadaesixe asumir opulo que aínda está moi vivo. E, do xeito pertinente, renovalo.

Quinto. A participación cidadá no deseño dunha intervención

  1. Está de moda, na publicidade e nos proxectos de xestión de bens públicos, afirmar que se quere contar coa participación cidadá. Fágase así ou non, é claro que tal participación xa non é unha pretensión nova, senón máis ben algo do que non se quere ou pode prescindir.
  2. No caso de Cangas, como xa se dixo anteriormente, a participación cidadásemella imprescindible, dada a moi especial relación que hai entre a poboación, a sociedade, e olegado Massó, nomeadamente nos seus aspectos máis visibles, o Complexo Massó en Cangas e o Museo Massó en Bueu. É altamente probable, ou seguro, que unha intervención de costas á sociedade estará abocada ao fracaso, se é que se puidera facer así.
  3. As ideas deste Observatorio sobre participación cidadá están explicadas na súa  páxina web (ver en google ‘revista kardo’, na pestana ‘Filosofía de Kardo’). Son ideas xerais que en cada caso haberían de axeitarse á realidade e ás circunstancias.
  4. É unha oportunidade histórica para Cangas deseñar e organizar unha intelixente participación cidadána eventual intervención no Complexo Massó. Ademais, a realidade das cousas e as circunstancias fano imprescindible. Trataríase, pois, de facer da necesidade virtude. A) A consulta deberase facer co máis alto nivel de obxectividade e honradez: cando seteñan que pronunciaros cidadáns,deberano facer unicamentee especificamente sobre a propia intervención, netamente separada de calquera outra eventualidadeengadida. B) A consulta deberase facer sobre as propostas realizadas por equipos técnico-científicos, nunca tentar converter ao cidadán en arquitecto-urbanista. Así foi, por exemplo,no coñecido caso do Monumento ao Holocausto en Berlín: os cidadáns votaron cal dos presentados lles parecía mellor. C) A opinión dos cidadáns non debe formarse nunha reflexión persoal, senón na discusión pública. As organizacións ou entidades onde se posibilite a discusión deben ser transversais, nunca de matriz política. Por exemplo, os barrios ou as parroquias.

Estas son ideas xerais. A sociedade de Cangas debe atopar os seus propios métodos. E ésta é tamén unha grande oportunidade: servir de avanzada na concepción e xestión da participación cidadá, servindo de mostra e exemplo para outros lugares e situacións.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s