Expropiación forzosa polo desdobramento da vía rápida VRG-4.1

CONVOCATORIA DO PAGAMENTO DE XUSTOS PREZOS DO PROCEDEMENTO DE EXPROPIACIÓN FORZOSA DAS OBRAS DE “DESDOBRAMENTO (CONVERSIÓN EN AUTOVÍA) DE VÍA RÁPIDA VRG-4.1, TREITO:ENLACE COA PO-531-SANXENXO”

via_rapida_sanxenxoExpediente: Expropiación forzosa para a execución das obras de “Desdobramento (conversión en autovía) de vía rápida VRG-4.1; Treito: enlace coa PO-531 – Sanxenxo”.

Clave: PO/02/089.01.75.

Termo Municipal: Meis, Meaño, Ribadumia e Sanxenxo.

Recibido o libramento para o pagamento de xusto prezo do expediente de expropiación forzosa de referencia e facéndose efectivo polo pagador, sinalouse por este Servizo Provincial de Pontevedra, no cumprimento do disposto no artigo 56 da Lei de Expropiación Forzosa de 16 de decembro de 1954 e do 49 do Regulamento para a súa aplicación, de 26 de abril de 1957, a data para a efectividade do mesmo, aos titulares dos bens e dereitos expropiados que figuran na relación exposta no taboleiro de edictos do Concello sinalado.

O pagamento efectuarase polo pagador na data e no lugar que de seguido se indican:

Concello de Meis

  • Lugar: Casa Consistorial do Concello de Meis
  • Data: 28 de maio de 2015
  • Hora: das 10:30 ata as 11:00 horas

Concello de Meaño

  • Lugar: Casa Consistorial do Concello de Meaño
  • Data: 28 de maio de 2015
  • Hora: das 12:00 ata as 13:00 horas

Concello de Ribadumia

  • Lugar: Casa Consistorial do Concello de Ribadumia
  • Data: 29 de maio de 2015
  • Hora: ás 10:30 horas

Concello de Sanxenxo

  • Lugar: Pazo de Emilia Pardo Bazán (ao lado da Policía Local)
  • Data: 29 de maio de 2015
  • Hora: das 11:30 ata as 12:30 horas

O que se fai público para xeral coñecemento, advertindo aos interesados que o pago farase precisamente aos que figuran como donos dos bens e dereitos expropiados, non admitíndose representación senón por medio de poder debidamente autorizado, xa sexa xeral, xa sexa particular para este caso, debendo aportar a documentación necesaria para acreditala titularidade da finca (escrituras da finca ou certificación gráfica e descritiva de catastro ó nome do interesado) . No suposto de que a titularidade proviñese dunha herdanza, deberán aportar a escritura de partición coas adxudicacións dos cupos, ou, se a herdanza estivese sen partir:

  • certificado de defunción do causante
  • certificado de últimas vontades
  • testamento, ou no seu defecto, declaración de herdeiros

Así mesmo, deberán identificarse co documento nacional de identidade.

No suposto de que os interesados non comparezan ó acto ou non acrediten convenientemente a titularidade dos predios, procederase á consignación dos importes na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda.


BOP de Pontevedra nº88 do 12 de maio de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s