Deslindamento entre as CMVMC de Vilar de Goia e Rubiais (Viana do Bolo, Ourense)

ANUNCIO do 20 de abril de 2015, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 20 de abril de 2015, relativa ao deslindamento entre as comunidades de montes comunais en man común de Vilar de Goia e Rubiais, no concello de Viana do Bolo.

Viana_BoloExaminada a solicitude de conciliación formulada pola CMVMC de Vilar de Goia e pola CMVMC de Rubiais resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. O 3 de decembro de 2013 a Comunidade de Vilar de Goia, propietaria do monte veciñal en man común Val de San Martiño e a Comunidade de Rubiais propietaria do monte veciñal en man común Pedra de Nostre, ambas no concello de Viana do Bolo, solicitaron a aprobación dun deslindamento realizado entre ambas as comunidades. Os interesados presentaron coa solicitude a acta de conciliación realizada ante o Xulgado de Paz de Viana do Bolo, acta de deslindamento parcial e certificacións de aprobacións de deslindamento das respectivas asembleas.

Segundo. O 7 de xaneiro de 2015 o Servizo de Monte informou que a documentación presentada cumpría as exixencias previstas no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e que o deslindamento realizado establece o límite entre ambos os dous montes dun xeito claro e inequívoco, polo que se emitía informe favorable o deslindamento solicitado.

Terceiro. Na acta de deslindamento presentada coa solicitude as respectivas comunidades acordan a modificación parcial dos límites entre os montes, que quedan da seguinte maneira:

– O acordo de deslindamento parte do punto nº 1, denominado Mallada da Corga, coordenadas X = 662094 e Y = 4667521, xa acordado con anterioridade, seguindo o límite de ambos os montes con predios particulares ata o punto nº 2, con coordenadas X = 661927 e Y = 4667588.

– Na zona das Lamas o límite establécese pola liña que une o punto nº 2 e o punto nº 3 con coordenadas X = 661893 e Y = 4667625.

– Na zona que se sitúa entre Os Cabezos de Rubiais e A Fraga do Paraíso o límite establécese pola estrada que une Cepedelo con Santo Agostiño entre o punto nº 4 con coordenadas X = 661727 e Y = 4667602 e o punto nº 5 con coordenadas X = 661369 e Y = 4667734.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A presente resolución dítase ao abeiro do artigo 53 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segundo. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que se debe seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o xurado provincial de montes veciñais en man común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, de acordo co informe favorable do Servizo de Montes do 7 de xaneiro de 2015, acordou por unanimidade o día 18 de marzo de 2015:

Aprobar o acto de conciliación acadado pola CMVMC de Vilar de Goia e a CMVMC de Rubiais, de acordo co exposto no feito terceiro.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no plazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta resolución, de acordo co disposto no artigo 12 da Lei 13/1989 (citada), nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.


DOG nº88 do 12 de maio de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s