Urbanismo dalle luz verde ao parque empresarial de Beariz (Ourense)

14/05/2015-La Región

Abarcará unha superficie de 67.000 metros cadrados e está previsto acondicionar 16 parcelas

parque_empresarial_BearizA Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu informe favorable previo á aprobación definitiva do “Plan especial para a creación dun solo industrial en Beariz”. Abarcará unha superficie de 67.000 metros cadrados, contemplándose 16 parcelas de 1.359 e 4.894 metros cadrados, e sendo a superficie total edificable de 37.869 metros cadrados. O Concello quedarase cunha das parcelas para o seu parque de maquinaria.

As autoridades municipais consideran este proxecto prioritario para evitar que empresarios da zona se trasladen a polígonos doutros municipios por falta de solo onde ubicarse. Nese sentido, o teniente alcalde, Tomás José Sancho, sinalaba que por ese motivo perderon varias empresas, como un taller mecánico, unha de vidrio e un forno, entre as últimas dispostas a instalarse en Beariz. Os terreos elexidos dan fronte á estrada autonómica OU-212 e están ubicados a menos de 1 km da N-541. A superficie a ordenar dispón dun vial principal, que discorre pola zona leste, e outro tanxencial polo oeste, que é a estrada OU–12. O proxecto contempla enlazar ámbolos dous viais coa rúa principal do polígono, que terá 16 metros de ancho.

Transcurridos oito anos dende o inicio do proceso, durante os que se resolveron as alegacións, o proxecto aprobarase definitivamente no vindeiro pleno con vistas a formalizar a expropiación pactada cos comuneiros de Lebozán e encargar o proxecto de execución da urbanización. Tamén se aprobará un regulamento para controlar o tipo de empresas a instalar.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s