Información pública do proxecto de execución do Parque Eólico Coto da Mina (Piñor e O Irixo, Ourense)

parque_eolicoResolución do 17 de abril de 2015, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, pola que se somete a información pública o proxecto modificado de execución do Parque Eólico Coto da Mina-OU/10, o seu estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial, así como as solicitudes de autorización administrativa e declaración de utilidade pública, a desenvolver nos concellos de Piñor e O Irixo (Ourense); expediente n.º: IN661A 2010/01-3-AT.

1.- Alcance da información pública; lexislación

Sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa, de declaración de utilidade pública, de aprobación do proxecto de execución, dos trámites do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e do estudo de impacto ambiental do Parque eólico Coto da Mina-OU/10.
A lexislación que basicamente é de aplicación para os efectos anteriores é a seguinte: Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, de aplicación ao expediente polo sinalado na disposición transitoria 1ª da dita
lei; Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia; Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental; Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia e Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

2.- Órgano competente

Segundo o sinalado no artigo 38 da Lei 8/2009 o órgano competente para ditar a resolución de autorización deste proxecto é a Dirección Xeral de Enerxía e Minas.

3.- Características básicas do proxecto

O proxecto, que foi admitido a trámite por Resolución da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, do 30 de abril de 2010, (DOG do 25/05/2010), ao abeiro da Orde do 20/01/2010, conta coas seguintes características:

a) Peticionario: Coto da Mina, SA.
b) Enderezo: Parque de San Lázaro n.º 7, 1º; 32003 Ourense
c) Denominación: Parque Eólico Coto da Mina
d) Potencia admitida a trámite: 15,2 MW.
e) Situación: concellos de Piñor e O Irixo (Ourense).

As coordenadas poligonais que definen o parque (proxecto modificado de setembro de 2013), en unidades UTM, son as seguintes: punto 1 (576.400; 4.711.100); punto 2 (577.250; 4.710.800); punto 3 (577.250; 4.707.900); punto 4 (576.600; 4.707.900); punto 5 (576.000; 4.709.100); punto 6 (576.250; 4.710.800).

No seguinte cadro indícanse por concellos as posicións dos 5 aeroxeradores, tamén en coordenadas UTM (H29 ED50):
N.º aerox.; UTM x (m); UTM y (m); concello
1; 576.874; 4.708.859; Piñor
2; 576.652; 4.709.064; O Irixo
3; 576.334 ; 4.709.173; O Irixo
4; 576.941 ; 4.710.070; Piñor
5; 576.723 ; 4.710.280; O Irixo

f) Datos técnicos:

• Conxunto de 5 aeroxeradores Vestas-V112 de 3.000 kW/ud, que suman unha potencia bruta total de 15 MW; equipados con turbina, multiplicador e xerador eléctrico situados no alto dunha torre de aceiro de: 119 m de altura de buxe, cimentada sobre zapata de formigón armado.
• Interconexión dos aeroxeradores con liña eléctrica subterránea, a 20 kV, condutor RHZ1 12/20 kV, para evacuación da enerxía producida ata a subestación transformadora do Parque Eólico Coto Frío, 132/20 kV, situada nas proximidades.
• CT para instalar en cada aeroxerador de 3.350 kVA, con r/t 0,65/20 kV, cos elementos de protección e auxiliares necesarios.
• Sistemas de control e supervisión.

g) Orzamento: 13.752.217 €

4.- Urxente ocupación

O peticionario, ao abeiro do título IX da Lei 24/2013, do 26 de decembro, solicita así mesmo a declaración de utilidade pública das instalacións, o que, segundo o sinalado no artigo 56 daquela, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxunta- e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

5.- Estudo ambiental

O estudo de impacto ambiental sométese a información pública en aplicación da normativa indicada no apartado 1, e pode ser examinado nas xefaturas territoriais en Ourense das Consellerías de Economía e Industria e de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e nos concellos afectados.
Este proxecto está suxeito ao procedemento de avaliación de impacto ambiental ordinaria.

6.- Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal

Ten por obxecto realizar a ordenación do territorio do parque eólico. O proxecto está clasificado de incidencia supramunicipal por ser desenvolvemento do Plan Eólico de Galicia, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia do 1 de outubro de 1997 (DOG do 15/12/97) e da súa posterior modificación do 5/12/02 (DOG do 3/01/03).

7.- Alegacións

Os interesados e os seus representantes poden examinar o expediente nas oficinas desta xefatura territorial, rúa Curros Enríquez n.º 1, 3º de Ourense, tamén nos organismos citados no punto 4 no que respecta ao estudo ambiental, e presentar, de ser o caso, as alegacións que crean oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ao Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 17 de abril de 2015. O xefe territorial.
Asdo.: Alfonso Tomás Paz Doniz.
(Ver listaxe páx. 9-20)


Consultar relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

BOP de Ourense nº105 do 11 de maio de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s