Aprobación definitiva da delimitación do núcleo rural de Sobreosmuiños (A Mezquita, Ourense)

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2015, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, sobre a aprobación definitiva do proxecto da delimitación do solo do núcleo rural común de Sobreosmuíños, no concello da Mezquita (Ourense).

nucleo_rural_Sobreosmuiños_MezquitaO Concello da Mezquita eleva, para a súa aprobación definitiva, o expediente de delimitación do solo do núcleo rural común de Sobreosmuíños, conforme o disposto na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (en adiante, LOUG).

I. Antecedentes.

I.1. O Concello da Mezquita non conta con ningunha figura de planeamento xeral, polo que son de aplicación as normas complementarias e subsidiarias da provincia de Ourense, aprobadas definitivamente o 3 de abril de 1991.

O Concello está a tramitar a redacción do Plan xeral de ordenación municipal, documento que obtivo o informe previo á aprobación inicial da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo con data do 20 de setembro de 2012.

I.2. A tramitación ata o momento da delimitación de solo de núcleo rural foi a seguinte:

O 21 de febreiro de 2013 foi emitido informe técnico municipal.

O Concello someteu a delimitación á información pública durante o prazo dun mes, mediante anuncios nos xornais Faro de Vigo do 26 de febreiro e La Voz de Galicia do 27 de febreiro de 2013, e no DOG do 15 de marzo de 2013. Non se presentou ningunha alegación.

  • Consta informe favorable do 25.3.2013, da Confederación Hidrográfica do Douro do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, cunha serie de consideracións.
  • Consta informe do 12.4.2013, da Axencia Galega de Infraestruturas da CMATI, en que se sinala que non é necesario informe.
  • Consta informe favorable do 28.8.2013, da Dirección Xeral de Estradas do Ministerio de Fomento.
  • Consta informe desfavorable do 16.9.2013 e favorable do 28.3.2014, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
  • Consta informe xurídico municipal do 8 de abril de 2014.
  • O Pleno do Concello, en sesión extraordinaria do 15 de abril de 2014, aprobou provisionalmente a delimitación de solo de núcleo rural.
  • O 23 de maio de 2014, a Xefatura do Servizo de Urbanismo de Ourense, unha vez analizada a integridade documental do PXOM, solicitoulle ao concello a documentación pertinente para solucionar as deficiencias sinaladas no requirimento.
  • O Concello someteu novamente á información pública a delimitación do núcleo coas modificacións efectuadas, durante o prazo dun mes, mediante anuncios no DOG do 3 de setembro e nos xornais Faro de Vigo e La Voz de Galicia do 4 de setembro de 2014. Durante o período de exposición non se presentou ningunha alegación.
  • O Pleno do Concello, en sesión do 19.12.2014, aprobou provisionalmente a delimitación do núcleo rural común de Sobreosmuíños.

II. Análise da delimitación de solo de núcleo rural.

Unha vez analizado o expediente remitido polo Concello da Mezquita, e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, observouse:

II.1. O ámbito de actuación comprende o asentamento rural Sobreosmuíños, identificado administrativamente no Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Ourense.

II.2. O obxecto do proxecto é a delimitación do núcleo rural de Sobreosmuíños, ao abeiro do establecido no número 2 da disposición adicional segunda da LOUG.

II.3. Delimítase o asentamento poboacional de Sobreosmuíños como núcleo rural común, cunha superficie de 105.358 m2, en dúas zonas, conforme o establecido no artigo 13 da LOUG e no punto 3.1.7 das determinacións das directrices de Ordenación do Territorio, aprobadas polo Decreto 19/2011, do 10 de febreiro.

II.4. O asentamento consta de 42 vivendas, das que 12 teñen a consideración de tradicionais, cunha consolidación edificatoria do 35 % segundo o cálculo numérico.

II.5. O documento fixa as condicións de uso e de edificación dos terreos delimitados e define o trazado viario, asumindo nalgunhas partes as aliñacións existentes e revisando os largos das vías situadas ao norte da estrada N-525. Ademais, identifícase como ben catalogado un grupo de vivendas no centro do núcleo rural.

II.6. Os espazos situados ao norte e ao sur da estrada nacional N-525 clasifícanse como núcleo rural común destinado a sistema viario. Ao respecto, cómpre subliñar que o informe favorable do Ministerio de Fomento establece que a liña límite de edificación da estrada N-525 deberá situarse a 25 m da aresta exterior da calzada.

De acordo co punto 2 da disposición adicional segunda da LOUG e co artigo 12.1.b) do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos expedientes de delimitación de solo de núcleos rurais correspóndelle á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

III. Resolución.

Visto canto antecede,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar definitivamente o proxecto de delimitación do solo do núcleo rural común de Sobreosmuíños, concello da Mezquita, con suxeición á condición establecida no punto II.6 anterior.

Segundo. Contra esta resolución cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Terceiro. Notifíqueselle ao concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.


DOG nº83 do 5 de maio de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s