Inicio da clasificación como veciñal en man común do monte comunal de Parada do Monte, parroquia de Parada (Concello de Lobeira, Ourense)

EDICTO do 26 de marzo de 2015, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Comunal de Parada do Monte, a favor dos veciños de Parada do Monte, na parroquia de Parada (Santa Eufemia), concello de Lobeira (Ourense).

castelo_LobeiraO Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 18 de marzo de 2015, acordou iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Nome do monte: Comunal de Parada do Monte.

Comunidade solicitante: Parada do Monte.

Parroquia: Parada (Santa Eufemia).

Concello: Lobeira.

Superficie total: 8.583 m2 (8,53 ha).

Parcelas que forman o monte: unha única parcela, sen predios encravados.

Descrición da parcela:

Está formada polas parcelas catastrais e superficies seguintes:

Concello

Polígono

Parcela

Superficie

catastral

Superficie

a clasificar

Lobeira

9

235 (completa)

65.506 m2

65.506 m2

9006 (camiño)

5.456 m2

2.800 m2

9008 (camiño)

17.620 m2

333 m2

12

663 (completa)

7.478 m2

7.478 m2

947 (completa)

9.215 m2

9.215 m2

Total (superficie en clasificación)

8.583 m2

Estrema coas seguintes parcelas catastrais (todas do concello de Lobeira):

Norte (enumeradas de oeste para leste): polígono 9 parcelas 9006 (camiño), 189, 9008 (camiño) e 185.

Sur (enumeradas de leste para oeste): polígono 9 parcelas 143 e 144; polígono 12 parcela 903.

Leste (enumeradas de norte para sur): polígono 9 parcelas 156, 155, 154, 153, 152, 150, 149, 148, 237, 147, 146, 145, 192, 142 e 141.

Oeste (enumeradas de norte para sur): polígono 9, parcela 9006 (camiño); polígono 12 parcelas: 948, 657, 658, 659, 662, 665, 664, 669, 675, 676, 678, 677, 9006 (camiño); polígono 9 parcela 9006 (camiño); polígono 12 parcelas: 823, 829, 830, 847, 912, 913, 911, 907, 908, 909 e 910.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes así como presentar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.


DOG nº74 do 21 de abril de 2015

Correción de erros: DOG nº82 do 4 de maio de 2015

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s