Clasificación como veciñal en man común do monte Ceibo de Parada, O Campo e Corredoiro, a favor dos veciños dos lugares de Parada, O Campo e As Laxas, na parroquia de Sabadelle, no concello do Pereiro de Aguiar (Ourense)

EDICTO do 26 de marzo de 2015, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ceibo de Parada, O Campo e Corredoiro, a favor dos veciños dos lugares de Parada, O Campo e As Laxas, na parroquia de Sabadelle, no concello do Pereiro de Aguiar (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación parroquia_Sabadellede Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar con data do 18 de marzo de 2015, adoptou a seguinte resolución:

«Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ceibo de Parada, O Campo e Corredoiro, a favor dos veciños dos lugares de Parada, O Campo e As Laxas, na parroquia de Sabadelle, no concello do Pereiro de Aguiar (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 2 de novembro de 2012 tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común dos veciños da parroquia de San Martiño de Sabadelle, no concello do Pereiro de Aguiar, no cal solicitan a clasificación como veciñal en man común do devandito monte.

Segundo. Con data do 5 de novembro de 2014, o xurado provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

Concello: O Pereiro de Aguiar.

Denominación do monte: Ceibo de Parada, O Campo e Corredoiro.

Comunidade veciñal solicitante: veciños dos lugares de Parada, O Campo e As Laxas, na parroquia de Sabadelle.

Superficie total: 155.513 m2 (15,55 ha).

A superficie en clasificación, denominada: Ceibo de Parada, O Campo e Corredoiro está formada polas seguintes parcelas:

Concello

Polígono

Parcela

Paraxe (segundo catastro)

Superficie

catastral (m2)

Superficie en clasificación (m2)

O Pereiro de Aguiar

56

732

Pinguela

128.634

128.634

57

578

Campiñas

21.598

21.598

579

Campiñas

3.049

3.049

580

Aira

2.232

2.232

As parcelas 732 do polígono 56 e a 578 do polígono 57 forman un couto redondo, só separadas por un camiño, polo que se considerarán unha única unidade; as outras dúas están separadas desta e entre si. Por iso o monte en clasificación estaría formado por tres superficies independentes coñecidas polos veciños cos nomes de Ceibo de Parada, O Campo e Corredoiro.

1. Estremas:

Os datos de polígonos e parcelas que se relacionan a seguir obtivéronse do plano da Dirección Xeral de Catastro.

Ceibo de Parada (parc. 732 do pol. 56 e parc. 578 do pol. 57): 15,02 ha.

Norte (relación de parcelas enumerados de oeste para leste):

Concello

Polígono

Parcela

Propietario

O Pereiro de Aguiar

56

322

Luisa Ramos Ramos

323

Esperanza Álvarez Fernández

325

Remedios Álvarez Sampedro

326

Luisa Fernández Lorenzo

330

Luisa Ramos Ramos

331

Remedios Álvarez Sampedro

332

Francisco Ramos Ramos

350

Andrés Nespereira Fernández

349

Juliana Ramos pérez

348

Francisca Ansia Seoane

347

María Luisa Pato Valcarcel

345

Benito Fernández Núñez

351

Francisca Ansia Seoane

352

Antonio Álvarez Fernández

670

Ricardo Cebreiros Barreiros

Leste (relación de parcelas enumeradas de norte para sur):

Concello

Polígono

Parcela

Propietarios

O Pereiro de Aguiar

57

671

José Núñez Carballo

675

Luisa Ansia del Río

674

M. Dolores Vázquez Castro

56

544

José Vázquez Gómez

543

Celsa Ansia Gómez

542

María Gómez Gómez

538

Enrique Lorenzo Pérez

537

María Ansia González

535

Benito Bernárdez González

541

Luisa Blanco Núñez

536

Onel Núñez Blanco

534

Benito Bernárdez González

533

Nieves Nespereira Ansia

9007

Sur (relación de parcelas enumeradas de leste para oeste):

Concello

Polígono

Parcela

Propietarios

O Pereiro de Aguiar

56

381

Dalinda Ansia Gómez

375

Loreto Núñez Núñez

373

Antonio Vázquez González

371

Teresa de Jesús Núñez Blanco

370

Santiago y Consuelo Blanco Soto

9006

Estrada

57

9000

Construción

9005

Camiño

Oeste (relación de parcelas enumeradas de sur para norte):

Concello

Polígono

Parcela

Propietario

O Pereiro de Aguiar

56

456

Antonio Cerdeiro Rodríguez

288

María Luisa Pato Valcarcel

287

Pedro Vázquez Pato

286

Dolores López Nespereira

285

Cándida Pérez López

283

María Mercedes Oliveros Lorenzo

284

Carlos Lorenzo Molina

295

Clarisa Blanco Cerreda

296

Ramona Pérez Nespereira

297

Manuel Vázquez Pato

298

Teresa Seoane Ramos

300

Luisa Ramos Ramos

303

Antonio Barreiros Cebreiros

304

Luisa Lorenzo Pérez

305

Antonio Barreiros Cebreiros

312

Luis Lorenzo González

313

Juan Iglesias

314

José Núñez Diz

O Campo (parc. 579 do pol. 57): 0,3 ha.

Norte (relación de parcelas enumeradas de oeste para leste):

Concello

Polígono

Parcela

O Pereiro de Aguiar

57

565

Parcela sen referencia catastral

566

9014

Leste (parcelas enumeradas de norte para sur segundo datos catastrais):

Concello

Polígono

Parcela

O Pereiro de Aguiar

57

Núcleo urbano de Parada (parcela sen referenciar)

515

9008 (camiño)

513

511

457

456

Sur (parcelas enumeradas de leste para oeste):

Concello

Polígono

Parcela

O Pereiro de Aguiar

57

452

450

9009 (camiño)

405

Oeste (parcelas enumeradas de sur para norte):

Concello

Polígono

Parcela

O Pereiro de Aguiar

57

404

516

DJ0302100NG99B (construción)

9007

519

518

517

Parcela sen referencia catastral

562

Corredoiro (parc. 580 do pol. 57): 0,2 ha.

Norte (parcelas enumeradas de oeste para leste):

Concello

Polígono

Parcela

O Pereiro de Aguiar

57

9014 (camiño)

Leste (parcelas enumeradas de norte para sur):

Concello

Polígono

Parcela

O Pereiro de Aguiar

57

564

561

560

Sur (parcelas enumeradas de leste para oeste):

Concello

Polígono

Parcela

O Pereiro de Aguiar

57

559

529

558

557

Oeste (parcelas enumeradas de sur a norte):

Concello

Polígono

Parcela

O Pereiro de Aguiar

57

556

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común… os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e as veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas os membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da sala contencioso-administrativa do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa; e corresponde constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común acreditouse mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar, e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial, por unanimidade dos seus membros,

Resolve:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Ceibo de Parada, O Campo e Corredoiro, a favor dos veciños dos lugares de Parada, O Campo e As Laxas, na parroquia de Sabadelle, no concello do Pereiro de Aguiar (Ourense), de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso- administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».


DOG nº75 do 22 de abril de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s