Medio Ambiente somete a información pública a proposta do Plan de aproveitamento específico para o 2015 da anguía para a zona da desembocadura do río Lérez

anguilasA proposta, que se somete a información pública durante un período de 15 días, inclúe a pesca da anguía con artes tradicionais feitos con ramas de vide (“mollos de vide”), no tramo do río Lérez comprendido entre a Ponte da Barca e as liñas rectas imaxinarias que unen Punta Campelo co extremo distal do crebaondas da canle do río, e este último con Punta Praceres.

No ano 2012, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza aprobou un plan de aproveitamento específico para anguía nesta zona, que non foi renovado nas campañas de 2013 e 2014, polo que resulta necesaria a tramitación dunha nova aprobación

Este trámite é preceptivo para a aprobación de calquera plan de aproveitamento específico desta especie, de acordo co Decreto polo que se regula a pesca profesional da anguía nas augas continentais da Comunidade

Santiago, 23 de abril de 2015.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, somete a información pública o decreto polo que se inicia o proceso de información pública da proposta do Plan de Aproveitamento da anguía específico para a bacía do río Lérez para este ano 2015, segundo publicou onte o Diario Oficial de Galicia (DOG).

As condicións incluídas na proposta para o actual ano determinan que o período hábil de pesca proposto abranguerá desde hoxe (día seguinte ao da publicación da resolución de aprobación no DOG) ata o 30 de outubro de 2015. As artes levantaranse transcorridos 15 días desde que foron colocadas, empregando nesta tarefa dous días. O número previsto de días de actividade na tempada é de 28, con xornadas de pesca diarias de 4 horas.

Tamén se indica que o número de aparellos ou artes de pesca por persoa: non poderá ser superior a dez mollos de vide por tripulante, cun número máximo autorizado de vinte mollos. En relación coas cotas de captura, só se autoriza a captura de anguía na fase de ciclo vital denominada “anguía amarela”, cunha dimensión mínima de 20 cm e cun máximo 10 kg por día e tripulante.

Os pescadores deberán reportar a información relativa ás capturas totais e días traballados, así como a xustificación da comercialización das capturas en lonxa.

Cómpre recordar que no ano 2012, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza aprobou un plan de aproveitamento específico para anguía nesta zona, que non foi renovado nas campañas de 2013 e 2014, polo que resulta necesaria a tramitación dunha nova aprobación

Por último, este trámite é preceptivo para a aprobación de calquera plan de aproveitamento específico desta especie, de acordo co Decreto polo que se regula a pesca profesional da anguía nas augas continentais da Comunidade

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s