Medio Ambiente licita por preto de 20 millóns de euros as obras de conversión en autovía do Corredor do Morrazo no treito Rande-Domaio

 

desdobre_corredor_MorrazoO prazo de presentación de ofertas remata o vindeiro 27 de maio, a partir desa data iniciarase o proceso de valoración, polo que a adxudicación formalizarase este verán o que permitirá iniciar as obra no último trimestre deste ano.

  • O Goberno galego dá un novo paso cara ao seu compromiso de iniciar as obras en 2015
  • Trátase dunha actuación que procura mellorar a calidade de vida dos veciños e favorecer a actividade económica desta comarca do Morrazo.
  • O proxecto correspondente ao primeiro tramo, o que une Rande-Domaio, recolle a conversión en autovía ao longo de arredor de 3 quilómetros de lonxitude
  • Como principais peculiaridades desta solución, cabe destacar que se duplica o túnel de Montealegre pola marxe esquerda e que se duplica o viaduto da Moura pola marxe dereita
  • A Consellería de Medio Ambiente tamén avanza na redacción dos tramos II e III

Santiago, 6 de abril de 2015.- A Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Infraestruturas licita hoxe na Plataforma de contratación as obras para a execución da obra de conversión en autovía do Corredor CG-4.1. Subtreito I: p.q. 0+000 3+250, por un importe de19.735.415,34 (16.310.260 euros máis IVE). A conversión do corredor do Morrazo en autovía reducirá os problemas de capacidade deinfraestrutura actual, redundará en maior seguridade viaria, favorecerá a mobilidade e mellorará a vertebración e a estrutura territorial de comunicacións da comarca do Morrazo co eixe atlántico. Trátase, polo tanto, dunha actuación que procura mellorar a calidade de vida dos veciños e favorecer a actividade económica desta comarca do Morrazo.

Co fin de facer viable esta actuación, a Consellería de MedioAmbiente, Territorio e Infraestruturas decidiu dividir a actuación en tres subtreitos. Actualmente estanse a ultimar os proxectos construtivos do segundo e do terceiro tramo. O proxecto correspondente ao primeiro deles, o que une Rande-Domaio, está rematado, e recolle a conversión en autovía do actual corredor ao longo de arredor de 3 quilómetros de lonxitude.

Neste percorrido proxéctanse catro estruturas principais:

  • Un viaduto no enlace de Rande, de 73 m, sobre a glorieta existente. Servirá para segregar o tráfico procedente do corredor, que ten como destino a autoestrada AP-9, que non terá necesidade de pasar pola glorieta, polo que mellorará a fluidez do seu tráfico.
  • Un túnel de preto de 134 m (84 m de túnel en mina máis as bocas de entrada e saída) que minimizará a afección aos restos arqueolóxicos do Castro e petróglifos de Vistalegre e asegurará a estabilidade a longo prazo dos noiros.
  • Un viaduto de 415 m para salvar o río Minouva e a Poza da Moura.
  • Unha pasarela peonil no p.q. 2+400.

É de salientar que no desenvolvemento da solución proxectada no enlace de Rande se tivo en consideración o inminente inicio das obras de ampliación da capacidade da autoestrada AP-9, que afectarán a xeometría da estrutura singular atirantada que atravesa a ría de Vigo polo estreito de Rande e a propia autoestrada neste treito, coa finalidade de non interferir coa localización do piar previsto para o novo viaduto de aproximación ao taboleiro lateral de ampliación da ponte de Rande.

Ademais, coa autorización do Ministerio de Fomento, deseñouse un acceso á autoestrada de maior lonxitude que o actual que facilitará o cambio de carril para os vehículos que, procedentes da glorieta de Rande, desexen acceder ao ramal en dirección Pontevedra.

O subtreito I comeza no enlace de Rande (conexión co acceso á AP-9 e ás estradas PO-551 e N-554) e discorre en dirección leste-oeste desprazándose ao norte, realizando o desdobramento de forma alternativa pola esquerda e pola dereita, e finaliza no enlace de Domaio.

Prevese a duplicación pola marxe esquerda aproximadamente ata o p.q. 1+600, e pola marxe dereita a partir do p.q. 1+800, e realizarase a necesaria transición entre ambos os puntos quilométricos. Como principais peculiaridades desta solución, cabe destacar que se duplica o túnel de Montealegre pola marxe esquerda (o da ría) e que se duplica o viaduto da Moura polamarxe dereita.

Coa licitación das obras deste subtreito 1, as empresas interesadas en participar neste contrato de obra pública dispoñen ata o vindeiro 27 de maio para remitir as súas ofertas. A partir desa data iniciarase o proceso de valoración, polo que a adxudicación formalizarase este verán o que permitirá iniciar as obra no último trimestre deste ano, polo que poderán estar finalizadas en 2017.

Decreto de expropiacións
Hai que lembrar que o Consello da Xunta de Galicia aprobou o pasado mes de febreiro o decreto de urxente ocupación que permitirá iniciar o trámite expropiatorio en todo o trazado do corredor do Morrazo para o seu desdobramento e conversión en autovía. Estímase que as expropiacións terán un importe total de 1,1 millóns de euros para un total de 105 predios afectados, cunha superficie de 101.315 m2.

O desdobramento previsto dos 11 km de corredor efectuarase mediante a construción o máis eficiente posible, evitando o seu desenvolvemento polas zonas máis inaccesibles, razón pola que as citadas expropiacións son necesarias.

Con este decreto e a autorización de hoxe a Xunta avanza no seu obxectivo de converter o corredor do Morrazo en autovía, ao tempo que representa un novo paso no compromiso do Goberno galego de licitar, contratar e iniciar as obras de desdobramento do corredor do Morrazo neste 2015.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s