Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas, 2013-2016

Orde do 9 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas, 2013-2016

plan_estatal_vivienda_2013-2016Nesta orde establécense as bases reguladoras do Programa de rexeneración e renovación urbanas previsto no Real decreto 233/2013, do 5 de abril, polo que se regula o Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas, 2013-2016.

O Decreto 18/2014, do 13 de febreiro, polo que se determinan os aspectos básicos dos programas autonómicos de rehabilitación de vivendas e se dan directrices para o desenvolvemento do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas, 2013-2016, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu artigo 13 que os programas incluídos no Plan 2013-2016 poderán aplicarse na Comunidade Autónoma de Galicia unha vez asinado o convenio bilateral co Ministerio de Fomento e desenvolveranse por orde da persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, na cal se regularán os requisitos para acollerse aos ditos programas, así como as bases reguladoras das axudas previstas no Plan 2013-2016.

O día 5 de setembro de 2014 asinouse o convenio de colaboración co Ministerio de Fomento para o desenvolvemento do Plan 2013-2016 na Comunidade Autónoma de Galicia, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 206, do 28 de outubro de 2014.

No artigo 3.6 do Real decreto 233/2013 establécese como requisito propio para financiar actuacións recollidas no Programa de rexeneración e renovación urbana, a necesidade de subscribir acordos específicos, no seo das comisións bilaterais de seguimento do plan, entre o Ministerio de Fomento e as comunidades autónomas, coa participación dos concellos en que se pretenda actuar. Neste sentido e coa finalidade de garantir os compromisos asumidos no convenio de colaboración asinado, estímase necesario que os concellos actúen como órganos xestores nos ámbitos das áreas de rehabilitación integral xa declaradas.

A Comunidade Autónoma considera as actuacións en materia de vivenda como área de xestión prioritaria, polo que ten especial interese, unha vez asinados todos os instrumentos necesarios, en poñer en marcha o procedemento para participar e conceder as axudas previstas no Plan 2013-2016, en particular as do programa de fomento da rexeneración e renovación urbanas, para dar continuidade á figura das áreas de rehabilitación integral declaradas, de grande implantación na nosa comunidade.

A presente orde consta de 15 artigos e dúas disposicións derradeiras e defínense as bases reguladoras do procedemento de participación neste programa dos concellos e das previsións mínimas que os concellos deben ter en conta para a convocatoria das correspondentes subvencións, referidas a actuacións de rehabilitación en edificios e vivendas. Así, especifícanse o obxecto das subvencións, os requisitos e as condicións das persoas beneficiarias, o réxime de compatibilidades, os criterios e o procedemento para resolver as axudas, o seu importe, a súa xustificación e pagamento, o procedemento de reintegro e o sistema de compatibilidade.

En consecuencia e segundo o disposto no artigo 13 do Decreto 18/2014, do 13 de febreiro, polo que se determinan os aspectos básicos dos programas autonómicos de rehabilitación de vivendas e se dan directrices para o desenvolvemento do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas, 2013-2016, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto e finalidade

1. O obxecto destas bases é desenvolver a implantación na Comunidade Autónoma de Galicia do Programa de rexeneración e renovación urbana do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas, 2013-2016, aprobado polo Real decreto 233/2013.

2. As bases reguladoras publicaranse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante IGVS) conforme o previsto no artigo 6.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. As bases reguladoras terán vixencia ata o 31 de decembro de 2016, data en que remata o Plan estatal 2013-2016.

(…)


Consultar texto completo da Orde: DOG nº52 del 17 de marzo de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s