Proposta de deslindamento do monte veciñal en man común da Lagoa e Coto do Faro (parroquia de Nois, Concello de Foz)

Anuncio do 18 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a proposta de deslindamento do monte veciñal en man común da Lagoa e Coto do Faro, dos/das veciños/as da parroquia Nois, con propiedades particulares, no concello de Foz (Lugo)

FozPara os efectos previstos no artigo 54 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáselle publicidade á proposta de deslindamento do MVMC da Lagoa e Coto do Faro con propiedades particulares.

O 6 de agosto de 2014 foi presentada a proposta de deslindamento do MVMC da Lagoa e Coto do Faro con propiedades particulares e plano topográfico realizado por técnico competente.

Xunto coa proposta de deslindamento consta o acordo da asemblea xeral da comunidade de Nois de aprobación da dita proposta.

Con data do 11 de febreiro de 2015, o Servizo de Montes de Lugo emitiu un informe favorable ao considerar que non existe menoscabo da integridade do MVMC.

O plano topográfico e a restante documentación desta proposta de deslindamento estará dispoñible para a súa consulta nas oficinas do Servizo de Montes de Lugo, sitas na rolda da Muralla, 70, baixo 2º. Este expediente poderá ser examinado polas persoas interesadas todos os días hábiles, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Contra esta proposta de deslindamento, no prazo dun mes desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderanse presentar alegacións e títulos que acrediten a propiedade ou a posesión dos predios estremeiros ante a comunidade propietaria do MVMC da Lagoa e Coto do Faro.


DOG nº46 do 9 de marzo de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s