Veciños de A Sacada (Ramirás, Ourense) festexan a recuperación do seu monte

recuperacion_monte_A_Sacada25/01/2015-La Región

Preto dun cento de veciños das aldeas da Comunidade de Montes da Sacada, no concello de Ramirás, festexaron onte o “Día da loita da veciñanza comuneira na defensa do monte comunal”, celebración acrecentada polo feito de que o monte da Sacada foi recuperado en abril do ano pasado pola veciñanza, logo dunha resolución do Xurado de Montes, que lles devolveu a titularidade lexítima logo de tres anos de trámites e reivindicacións.

Segundo sinalaba o portavoz da Comunidade de Montes, Luis de Fraguas, “tratábase de celebrar o primeiro Día da Loita da veciñanza comuneira e lembrar que A Sacada volveu ás mans dos veciños, unha propiedade que procede dos seus antepasados desde centos de anos atrás e que desexamos coidar e conservar para as xeracións vindeiras”. Unha “sacada” é, segundo explica a Comunidade, “unha parte separada do monte común e dividida entre os veciños en parcelas de extensión variable, segundo o dereito de cada un”. Esta ‘sacada’ de Ramirás pertence a 17 aldeas, tres delas xa abandonadas.

O acto de onte comezou ó mediodía no cumio do monte, coa homenaxe a un veciño, Manuel González ‘o Mazico’, falecido en agosto pasado, cuxa declaración diante do Xurado de Montes foi decisiva para a recuperación do comunal. Inaugurouse un mirador, dende o que se disfruta dunha ampla vista da Serra Moura e no que se instalou unha placa adicada ó ‘Mazicos”.

Asimismo, utilizouse unha doazón que fixera Manuel González para plantar nunha parcela lindante co comunal, doada por outra veciña, 17 castiñeiros, un por cada unha das aldeas da parroquia, apadriñados por rapaces da contorna,entre as que figuraban as bisnetas de Manuel González. A celebración, que estivo acompañada por un sol radiante, rematou con un aperitivo ós asistentes e a actuación da Escola de Música Tradicional Rebulir.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s