Levantamento de actas previo á ocupación de bens afectados por unha instalación eléctrica en Santa Comba (A Coruña)

Acordo do 30 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Santa Comba (expediente 183/2011). A Coruña.

concello_Santa_CombaOutorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,990 km, coa orixe en apoio da LMT aérea ao CT Grixoa (expediente 50.066), e final no centro de transformación que se instalará no lugar de Grixoa, no termo municipal de Santa Comba (expediente 183/2011), por resolución desta xefatura territorial de data 30 de xuño de 2014, a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A., con enderezo na avenida de Arteixo, nº 171, 15007 A Coruña.

Esta xefatura territorial acorda sinalar os días 11 e 12 de marzo de 2015 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Santa Comba, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no xornal La Voz de Galicia de datas 21.9.2011, 15.9.2011 e 9.9.2011, respectivamente, acto ao cal deberán concorrer os propietarios propostos dos predios afectados, aos cales se lles practicará notificación individual e se lles sinalarán os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da dita Lei de expropiación forzosa.


DOG nº37 do 24 de febreiro de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s