Expediente de clasificación dos montes Pedrafita e outros en prol da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Tomiño (Pontevedra)

Edicto do 11 de decembro de 2014, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, ditado no expediente de clasificación dos montes denominados Pedrafita e outros, antes Vilarchán e outros, solicitados en prol dos veciños da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Tomiño, da parroquia de Tomiño (Tomiño)

montes_TominoEn cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, faise constar que:

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra ditou a seguinte resolución:

Asistentes:

Presidente: Miguel Ángel Pérez Dubois (xefe territorial).

Vogais:

  • Amalia Elsa Pazos Pintos (xefa do Servizo de Montes).
  • Víctor Abelleira Argibay (representante do colexio de avogados da provincia).
  • X. Carlos Morgade Martínez (representante das CMVMC da provincia de Pontevedra).
  • Lorena Peiteado Pérez (letrada da Xunta de Galicia).

Secretaria: Ana Belén Fernández Dopazo (funcionaria adscrita ao Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial).

Na cidade de Pontevedra, ás 17.00 horas do día 8.10.2014, coa asistencia das persoas á marxe indicadas, reúnese na 2ª planta do Edificio Administrativo sito no nº 43 da rúa Fernández Ladreda o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común co obxecto, entre outros asuntos, de dar cumprimento á Sentenza nº 352/2011, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra, no procedemento ordinario 429/2010, pola que se estima o recurso presentado pola CMVMC de Tomiño contra a Resolución do Xurado de Montes do 19 de agosto de 2010, ditada no expediente de clasificación dos montes denominados Pedrafita e outros, antes Vilachán e outros, solicitados a prol dos veciños da CMVMC de Tomiño, da parroquia de Tomiño (Tomiño).

Antecedentes de feito:

Primeiro. Con data do 4.4.2008, Manuel Enrique Gándara Gómez, na súa condición de presidente da CMVMC de Tomiño (Tomiño) presenta solicitude de iniciación de expediente de clasificación dos montes denominados Vilachán e outros agora Pedrafita e outros como veciñal en man común a prol dos veciños da CMVMC de Tomiño, parroquia de Tomiño, xuntando informe técnico e pericial coa descrición do monte, identificación, superficie, ocupacións e lindeiros.

Segundo. O Xurado de Montes acordou, na súa sesión de 27.2.2009, incoar o correspondente expediente de clasificación dos devanditos montes a prol da CMVMC de Tomiño.

Terceiro. O rexistrador da Propiedade de Tui certifica con data 18.8.2009 que os montes solicitados non aparecen inscritas a nome de persoa ningunha.

Cuarto. Á vista da documentación presentada polo solicitante e o informe do Servizo de Montes, os montes obxecto do presente expediente obedecen á seguinte descrición:

  • Concello: Tomiño
  • Parroquia: Tomiño
  • Nombre do monte: Pedra do Couto ou Cisco

(…)

Clasificar os montes denominados Pedra do Couto ou Cisco, Pedrafita, Balbís, Vilachán, San Benito, A Pedra como montes veciñais en man común de acordo coa descrición reflectida no antecedente de feito cuarto, así como clasificar a parcela Telleira de San Benito como monte veciñal en man común, de acordo coa descrición reflectida na consideración xurídica segunda e a planimetría elaborada para o efecto polo Servizo de Montes, que forma parte inseparable da presente resolución.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da presente notificación, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.


Ler texto completo do Edicto: DOG nº26 do luns 9 de febreiro de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s