Adaptación do esbozo do monte veciñal Laxos e Cardecide, do concello de Cuntis (Pontevedra)

Anuncio do 5 de decembro de 2014, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se dá publicidade do Acordo do 8 de outubro de 2014 sobre a adaptación do esbozo do monte veciñal Laxos e Cardecide, do concello de Cuntis (Pontevedra)

santa_maria_cuntisPara os efectos previstos na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade do acordo do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 8 de outubro de 2014, adoptou o seguinte acordo en relación coa revisión do esbozo e elaboración da cartografía actualizada do monte veciñal de Laxos e Cardecide, da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Laxos e Cardecide, do concello de Cuntis.

Antecedentes de feito:

Primeiro. O monte Laxos e Cardecide, no termo municipal de Cuntis foi declarado veciñal en man común por resolución do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra en data 26 de xuño de 1978 a favor dos veciños de Cardecide e Laxos (CMVMC de Laxos e Cardecide). A resolución asigna unha cabida para o monte de 80 ha e uns límites xerais, describindo o monte da seguinte forma:

Nome do monte: Laxos e Cardecide.

Cabida: 80 ha.

Norte: Monte de Pazo.

Leste: termo e monte de Mesego e Zó.

Sur: Monte de Louriña.

Oeste: predios particulares de Laxo e Cardecide.

Segundo. No expediente de clasificación consta un esbozo sobre cartografía que non permite a práctica de medicións sobre ela. Esta condición inicial viuse modificada polas seguintes actuacións: deslindamento do MVMC de Laxos e Cardecide co MVMC O Pazo e o deslindamento do MVMV de Laxos e Cardecide co MVMC Xinzo. Estes acordos definirán como deslindamento os límites da Comunidade no seu colindamento con outras comunidades. O resto do perímetro non incluído nestes acordos é en colindamento con propietarios privados individuais.

Terceiro. Con data 21 de febreiro de 2013 recíbese escrito da CMVMC de Laxos e Cardecide en que se solicita a revisión do esbozo dos montes clasificados a esa comunidade, e achégase cartografía do novo esbozo proposto.

Cuarto. O Xurado solicita o 5 de novembro de 2013 ao Servizo de Montes que realice unha proposta de revisión da cartografía actualizada do monte veciñal de Laxos e Cardecide en atención ao previsto na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Consideracións xurídicas:

Primeira. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira, establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

Segunda. En data do 6 de xuño de 2014, o xefe da Área Técnica de Montes Veciñais en Man Común adscrito ao Servizo de Montes da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar en Pontevedra presenta un informe-proposta sobre a adaptación dos límites dos montes Laxos e Cardecide xunto á cartografía actualizada que forma parte deste informe; o informe técnico propón a revisión do esbozo de acordo coa descrición e planos en soporte dixital e papel. O monte veciñal queda coas características seguintes:

Parcela principal.

A descrición do esbozo revisado do MVMC de Laxos e Cardecide iníciase no seu extremo norte no punto denominado Marco na Cerrada do Castro, desde este punto avanza ata o leste seguindo o deslindamento acordado coa CMVMC do Pazo ata alcanzar propiedades particulares no lugar de Abelán, onde se despraza primeiro ao sur, logo ao leste e logo ata o norte seguindo límites definidos por muros ata recuperar o colindamento coa comunidade do Pazo. Desde alí segue en dirección leste, seguindo o acordo de deslindamento citado co Pazo, ao Outeiro do Home de Pé, e de novo ao leste co mesmo deslindamento ata as proximidades da Cruz de Sanfillados, onde termina este alleamento no cruzamento de camiños.

Desde o cruzamento de camiños citado avanza en dirección sur seguindo o deslindamento acordado coa Comunidade de Montes de Mesego ata acadar o camiño de Grixó, onde acada muros con propiedades privadas que segue primeiro en dirección sur, logo oeste e finalmente sueste. Ao acadar de novo colindamento co monte comunal de Mesego segue as aliñacións definidas por fitos de deslindamento de monte de utilidade pública numerados 64, 63, 62 e 61, onde alcanza colindamento coa CMVMC de Hermida e cambia a súa orientación ata o suroeste seguindo o acordo de lindes con esta comunidade ata Outeiro.

Desde ese punto avanza en dirección oeste, na liña de acordo coa CMVMC de Xinzo, ata acadar marco en colindamento coa CMVMC de Louriña, desde onde segue o límite acordado con esta comunidade, primeiro ata o noroeste ata Pedra, logo ao oeste ata Outeiro e de novo ao oeste ata Marco na Cerrada de Maráns.

Neste punto acada colindamento con propiedades privadas separadas por muros que seguen, primeiro, en dirección norte, logo oeste e sur, ata acadar de novo, en Boqueira, Camiño da Cerrada, o deslindamento acordado coa CMVMC de Louriña, que segue en dirección oeste, a través de marco, ata Esquina da Cerrada da Pega, onde encontra propiedades particulares separadas por muros.

Segue os muros, primeiro en dirección oeste en liña quebrada, logo norte, de novo oeste, norte e leste ata acadar o leito do regato que segue ao sueste ata atopar de novo predios privados separados por muros que segue ata o leste logo ao norte, sur, noroeste, oeste e norte, acadando o punto de partida en Marco de Cerrada do Castro.

No interior do perímetro principal sepárense 8 enclaves definidos por muros, denominados:

Propiedade de Pablo Aboy: cabida 0,36 ha.

Agriños: cabida 1,0 ha.

Cabanas: cabida 2,11 ha.

Porto da Presa: cabida 0,33 ha.

O Penedo: cabida 1,12 ha.

Poceiros: cabida 0,79 ha.

Propiedade de Carmen Rey: cabida 0,15 ha.

Propiedade de Delia Fernández: cabida 0.23 ha.

Parcelas secundarias:

Fóra do perímetro principal localízanse 6 parcelas definidas como de propiedade comunal durante o proceso de concentración parcelaria levado a cabo no Concello de Cuntis.

Os seus límites aparecen definidos na cartografía resultante desa concentración e identifícanse como:

Predio nº 475 conc. par. Cuntis-sector II, cabida 0.020 ha.

Predio nº 499 conc. par. Cuntis-sector II, cabida 0.033 ha.

Predio nº 520 conc. par. Cuntis-sector II, cabida 0.012 ha.

Predio nº 571 conc. par. Cuntis-sector II, cabida 0.993 ha.

Predio nº 664 conc. par. Cuntis-sector II, cabida 0.010 ha.

Predio nº 806 conc. par. Cuntis-sector II, cabida 0.231 ha.

Cabidas:

Da revisión proposta dedúcense as seguintes cabidas.

Cabida total do monte: 92,84 ha.

Cabida total de enclaves: 6,09 ha.

Cabida resultante: 86,75 ha.

Servidumes e ocupacións:

Figura rexistrada unha servidume de paso do oleoduto A Coruña-Vigo; adicionalmente identifícanse outras servidumes, non rexistradas, de paso ao monte e propiedades enclavadas por camiños e viais de servizo.

A Comunidade recoñece dúas cesións non rexistradas a favor do Concello de Cuntis destinadas a casa social e a depósito de augas.

Vista a proposta de revisión presentada sobre a adaptación do esbozo do monte veciñal de Laxos e Cardecide polo xefe da Área Técnica de Montes Veciñais en Man Común e de conformidade co previsto na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, este xurado, por unanimidade dos seus membros, acorda:

Aprobar a proposta de adaptación de esbozo do monte veciñal Laxos e Cardecide, do concello de Cuntis, segundo o informe técnico do 6 de xuño de 2014 e a planimetría que o acompaña, quedando o monte coas características que se describen no informe do xefe da Área Técnica de Montes Veciñais en Man Común, tal e como consta na consideración xurídica segunda.


DOG nº21 do 2 de febreiro de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s