Subvencións de apoio ao sector agrogandeiro, vitivinícola e pesqueiro da provincia de Lugo

ANUNCIO DE CONVOCATORIA E BASES QUE REXERÁN A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, DENTRO DO PROGRAMA DE APOIO AO SECTOR AGROGANDEIRO, VITIVINÍCOLA E PESQUEIRO NA PROVINCIA DE LUGO, ANO 2015

sector_agrogandeiroLiña 1. “Recuperación e incorporación de terras para a posta en producción de recursos agrogandeiros”.

O obxecto da presente convocatoria ten como finalidade articular as subvencións e axudas para o gandeiro ou agricultor individual, agrupacións de gandeiros ou agricultores, SAT e persoas xurídicas que ostenten a titularidade de explotacións para a incorporación de terras á superficie produtiva (en concepto de propiedade, aluguer, cesión ou doazón).

Para poder ser beneficiario da subvención será preciso dispor dunha superficie mínima de 1 Ha para a súa posta en produción, podendo ser nunha única parcela, varias ou parte dunha de maior superficie, pero respectando sempre o mínimo esixido. A superficie a incorporar pode ser en concepto de propiedade, aluguer, cesión ou doazón. No suposto de solicitude de incorporación de máis dunha parcela poderán empregarse indistintamente os conceptos anteriores para cada una delas.

Liña 2. “Apoio do sector hortícola”

Ten por obxecto o fomento da produción hortícola en prol da diversificación de ingresos ou como forma de vida, co seguinte obxecto:

  • Instalación de novos invernadoiros.
  • Reparación e mellora de invernadoiros xa existentes.
  • Sistemas de rega e outros equipamentos nos invernadoiros.

Para ser beneficiario da subvención será preciso que os invernadoiros a adquirir, reparar ou equipar teñan unha superficie mínima de 300 m². A superficie sobre da que se instale ou repare o invernadoiro obxecto de subvención pode ser en concepto de propiedade, aluguer, cesión ou doazón.

Liña 3. “Apoio ao sector vitivinícola”

Ten por obxecto o fomento da rendibilidade das viñas que necesiten labores de mantemento e protección das mesmas fronte os estragos dos animais silvestres, co seguinte obxecto:

  • Reconstrución e traballos de conservación de muros de pedra
  • Construción de muros de sostemento de pedra onde existan de terra
  • Peches perimetrais fixos das viñas

Para ser beneficiario da subvención será preciso que a superficie sobre da que se actue sexa como mínimo de 300 m² e as viñas obxecto de mellora consten dos correspondentes dereitos de produción e se encontren rexistradas no Rexistro Vitícola de Galicia. A superficie obxecto de subvención pode ser en concepto de propiedade, aluguer, cesión ou doazón.

Liña 4. “Apoio ao sector pesqueiro de baixura”

Ten por obxecto o apoio o sector pesqueiro de baixura coa mellora de embarcacións con porto base na Mariña Lucense, co seguinte obxecto: –

  • Investimentos que supoñan unha mellora tecnolóxica na embarcación.
  • Investimentos en materiais e equipamento que sirvan para mellorar a seguridade da embarcación e da tripulación a bordo.
  • Investimentos en útiles, aparellos e materiais complementarios de pesca encamiñados a mellorar a rendibilidade respectando a normativa de pesca de baixura.
  • Elementos de almacenaxe e transporte a bordo que mellore a seguridade alimentaria e a calidade dos produtos do mar.

Os beneficiarios de calquera das liñas anteriores deberán comprometerse a ter en produción ou funcionamento o ben para o que se lle concede a subvención por un período mínimo de cinco anos (artigo 23.4.a da Ordenanza xeral de subvencións desta Deputación).

Convoca: Deputación Provincial de Lugo.

Prazo: Ata o día 9 de marzo de 2015.


Texto completo da convocatoria: BOP de Lugo nº31 do 7 de febreiro de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s