Subvencións para a mellora da mobilidade rural, posta en valor dos núcleos rurais e centros socioculturais da provincia de Lugo

ANUNCIO DE CONVOCATORIA E BASES QUE REXERÁN A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, DENTRO DO PROGRAMA DE MELLORA DA MOBILIDADE RURAL, POSTA EN VALOR DOS NÚCLEOS RURAIS E DOS CENTROS SOCIOCULTURAIS DA PROVINCIA DE LUGO, ANO 2015

rural_LugoLiña 1: Programa de mellora da mobilidade rural e posta en valor dos núcleos rurais da Provincia

Ten por obxecto o fomento da mellora da mobilidade e posta en valor dos núcleos rurais da Provincia, coas seguintes finalidades:

  • Acondicionamentos de elementos dos núcleos rurais, dos pobos e vías públicas internas dos mesmos, muros de contención, sostemento, peches, pavimentos, soleiras, pasamáns.., etc.
  • Mellora, adecuación do firme e sinalización de camiños públicos de acceso a explotacións, terras, camiños forestais, viñas e núcleos rurais
  • Construción de depósitos de auga contra incendios, bebedoiros de uso común e infraestruturas de regadío.
  • Conservación, restauración e posta en valor de construcións públicas de uso común.
  • Acondicionamento e mellora de espazos de uso público dedicados a aparcadoiros e celebración de eventos ou actividades comunitarias.

Liña 2. “Programa de restauración, reforma, conservación e mellora de centros socioculturais e o seu contorno inmediato”.

Ten por obxecto colaborar coas asociacións rurais na conservación e mellora dos centros socioculturais e o seu contorno inmediato.

Dentro desta liña van ser subvencionables:

  • Actuacións en fachadas, cubertas e albanelería
  • Instalacións eléctricas e de fontanería
  • Adecuación do entorno dos centros socioculturais (accesos, entorno, equipamento exterior).
  • Sistemas de climatización sen preinstalación.
  • Sistemas de iluminación.

Liña 3. “Programa de equipamento de centros socioculturais”.

Ten por obxecto colaborar coas asociacións rurais no equipamento dos centros socioculturais.

Dentro desta liña van ser subvencionables:

  • Bens mobles
  • Equipos informáticos
  • Equipamentos audiovisuais

 

Convoca: Deputación Provincial de Lugo.

Prazo: Ata o día 9 de marzo de 2015.


Consultar texto completo da convocatoria: BOP de Lugo nº31 do 7 de febreiro de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s