Subvencións para a prevención e defensa contra incendios forestais en montes veciñais en man común

incendios_montesOrde do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013 e se convocan para o ano 2015.

(…)

DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións que os titulares de montes veciñais en man común e as súas agrupacións poderán percibir para a posta en marcha de actuacións preventivas recollidas na lexislación galega sobre incendios forestais e a súa convocatoria para o ano 2015 en réxime de concorrencia competitiva.

Esta incentivación na colaboración dos titulares de montes veciñais en man común na realización de traballos de silvicultura preventiva contribuirá a minorar as consecuencias e os impactos negativos que os incendios forestais poidan provocar sobre a capacidade potencial de desenvolvemento e produción destes montes, de grande importancia na nosa comunidade, onde supoñen aproximadamente un terzo da superficie forestal existente, e en conxunto sobre a fauna, a flora e a paisaxe de Galicia.

2. De acordo co devandito obxecto, establécense dúas liñas de subvencións:

a) Liña I: subvencións para o control selectivo de combustible (código de procedemento MR651A).

b) Liña II: subvencións para a construción de puntos de auga (código de procedemento MR651B).

Artigo 2. Ámbito de aplicación

1. O disposto nesta orde será de aplicación aos montes veciñais en man común da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto aqueles que estean consorciados coa Administración, salvo que solicitasen a rescisión ou transformación do dito consorcio.

No caso de montes consorciados coa Xunta de Galicia, poderá solicitarse subvención naquela superficie non consorciada.

Artigo 3. Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios destas subvencións os titulares de montes veciñais en man común, así como as súas agrupacións e mancomunidades, sempre que non incorran en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. As actuacións localizaranse en zonas de alto ou medio risco de incendios, o sexa, que poderá abranguer todo o territorio de Galicia, conforme o disposto na Orde do 18 de abril do 2007 pola que se zonifica o territorio con base no risco espacial de incendio forestal.

2. No caso de agrupacións deberán facerse constar os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación. Cando se trate de agrupacións sen personalidade, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como a porcentaxe de subvención que percibirá cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007.

No caso da liña II a porcentaxe de subvención deberá ser proporcional á superficie de cada CMVMC con respecto á superficie total da agrupación.

Artigo 4. Superficies forestais mínimas para solicitar subvencións

1. A superficie forestal mínima por expediente será de cen hectáreas (100 ha). Para acadaren a superficie, as comunidades de montes veciñais en man común (en diante CMVMC) poderán formar unha agrupación, sempre que as CMVMC se encontran nunha mesma provincia e, ademais, cumpran con algún destes requisitos:

Localización nun mesmo concello.

Localización en concellos limítrofes sempre que sexan estremeiras.

2. Excepcionalmente, no caso de que a CMVMC, mancomunidade ou algunha das CMVMC que integren a agrupación estea localizada nalgún concello incluído en espazo declarado como zona de especial protección dos valores naturais, segundo o recollido no Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados espazos como zonas de especial protección dos valores naturais (DOG nº 69, do 12 de abril) ou nalgún dos incluidos na zona de especial protección para as aves da Limia segundo o Decreto 411/2009, do 12 de novembro (DOG nº 230, do 24 de novembro), a superficie mínima a que fai referencia o primeiro parágrafo será de 50 ha.

(…)


Leer texto completo das axudas: DOG nº12 do 20 de xaneiro de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s