Axudas para creación de Sociedades de Fomento Forestal e de empresas de aproveitamentos forestais

sector_forestalORDE DO 30 DE DECEMBRO DE 2014 POLA QUE SE CONVOCAN AS AXUDAS PARA CONSTITUÍR E INICIAR A ACTIVIDADE DE SOCIEDADES DE FOMENTO FORESTAL (SOFOR) PARA O ANO 2015 E SE MODIFICAN AS BASES REGULADORAS APROBADAS POLA ORDE DO 2 DE XULLO DE 2013 (DOG, MÉRCORES, 14 DE XANEIRO DO 2015, Nº 8, PÁX. 1848)

DOG nº8 del 14 de enero de 2015

Destinatarios: Especifícanse no artigo 3 das bases reguladores (Orde do 2 de xullo de 2013 pola que se establecen as bases que regulan as axudas para constituír e iniciar a actividade de sociedades de fomento forestal (Sofor) e se convocan para o ano 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 133, do 15 de xullo de 2013).

Obxecto: Convocar para o ano 2015 as axudas para constituír e iniciar a actividade de sociedades de fomento forestal (Sofor) mediante convocatoria aberta en réxime de concorrencia competitiva.

Convoca: Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia

Prazo: Comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG e finalizará o 15 de marzo de 2015.


 ORDE DO 30 DE DECEMBRO DE 2014 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES QUE REGULAN AS AXUDAS PARA A CREACIÓN E MELLORA DE EMPRESAS DE APROVEITAMENTOS FORESTAIS NO MARCO DO PLAN DE DESENVOLVEMENTO RURAL SUSTENTABLE (PDRS) E SE CONVOCAN PARA O EXERCICIO ORZAMENTARIO 2015 (DOG, MÉRCORES, 14 DE XANEIRO DO 2015, Nº 8, PÁX. 1781)

DOG nº8 del 14 de enero de 2015

Destinatarios: Ser peme (pequena e mediana empresa) do sector forestal radicada en Galicia e non ter a condición de microempresa. Tomarase a definición de microempresa ou peme incluída no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014. Segundo esta definición, pemes son aquelas empresas que ocupan menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual non excede 43 millóns de euros, pequenas empresas son aquelas empresas que ocupan menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros e microempresas son aquelas empresas que ocupan menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 2 millóns de euros. Ademais, deberán cumprir os requisitos que se especifican no artigo 3 desta orde.

Obxecto: Establecer as bases que regulan as axudas para a creación e mellora de empresas de aproveitamentos forestais que sexan pemes pero non teñan a condición de microempresa e proceder á súa convocatoria para o ano 2015 en réxime de concorrencia competitiva.

Convoca: Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia

Prazo: Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s