Inicio da clasificación como veciñal do monte de Tuimil. Concello de Bóveda (Lugo)

Anuncio do 17 de decembro de 2014, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se inicia a tramitación dun expediente de clasificación de montes desta provincia (expediente 1/2014)

TuimilAnte este xurado provincial de montes veciñais en man común tramítase o expediente de clasificación do monte coas seguintes características:

– Expediente número: 1/2014.

Denominación: de Tuimil (ampliación)

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Tuimil

Parroquia: Tuimil

Concello: Bóveda

Superficie: 54,63 hectáreas

Estremas:

Parcela 294, polígono 16:

Norte: camiño e parcelas 308 e 307 do polígono 16.

Sur: parcelas 283, 284, 285, 286, 287 e 292 do polígono 16.

Leste: camiño.

Oeste: autovía Lugo-Monforte.

Parcela 333, polígono 17:

Norte: camiño.

Sur: parcela 203 do polígono 17.

Leste: camiño.

Oeste: camiño.

Parcela 284, polígono 17:

Norte: camiño.

Sur: camiño.

Leste: camiño.

Oeste: camiño.

Parcela 329, polígono 17:

Norte: camiño.

Sur: camiño e parcelas 120, 121, 123, 124, 125, 126, 127, 128, 129, 130 e 131 do polígono 17.

Leste: camiño.

Oeste: camiño.

Parcela 285, polígono 17:

Norte: camiño.

Sur: camiño.

Leste: camiño.

Oeste: parcelas 312, 310 e 309 do polígono 17.

Parcela 115, polígono 18:

Norte: parcela 104 do polígono 18.

Sur: parcela 115 do polígono 18, que é a parcela matriz sobre a cal se segrega esta.

Leste: parcela 104 do polígono 18.

Oeste: monte veciñal de Tuimil xa clasificado.

Parcela 864, polígono 20:

Norte: parcela 877 do polígono 20.

Sur: camiño e monte veciñal de Tuimil.

Leste: monte veciñal de Tuimil.

Oeste: estrada C-548.

Parcela 456, polígono 21:

Norte: camiño e parcela 10 do polígono 21.

Sur: camiño e parcela 8 do polígono 21.

Leste: camiño.

Oeste: parcelas 10, 440, 9 e 8 do polígono 21.

Parcela 415, polígono 21:

Norte: estrada de Calvos ao Incio e camiño.

Sur: parcelas 54, 67 e 66 do polígono 21.

Leste: camiño.

Oeste: parcelas 441 e 62 do polígono 21 e estrada de Calvos ao Incio.

Parcela 421, polígono 21:

Norte: termo municipal do Incio.

Sur: parcela 13 do polígono 21 e camiño.

Leste: camiño.

Oeste: estrada de Calvos ao Incio.

En virtude do acordado polo Xurado na sesión que tivo lugar o día 12 de xuño de 2014, e en cumprimento da orde do instrutor, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989 e demais disposicións de aplicación, por este anuncio faise pública a iniciación para a posible clasificación do expediente indicado co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do regulamento aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da citada lei, cantas persoas, organismos e corporacións resulten interesadas poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o Xurado, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación cos montes, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ao respecto.


DOG nº7 del 13 de enero de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s