Aprobación inicial da modificación puntual do PXOM de Oroso (A Coruña)

Anuncio de aprobación inicial da modificación puntual número 9 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Oroso (A Coruña)

O 27 de setembro de 2014, o Pleno do Concello de Oroso adoptou este acordo:

«Primeiro. Aprobar inicialmente a modificación puntual número 9 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Oroso nos termos que constan no expediente.

Segundo. Iniciar un período de información pública do expediente durante dous (2) meses, concello_Oroso2mediante anuncio no taboleiro de edictos do concello, no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión da provincia. Durante o dito período o expediente quedará á disposición de calquera que queira examinalo para que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes.

Terceiro. Non procede a suspensión do outorgamento de licenzas prevista no artigo 77.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, á vista de que, segundo os servizos urbanísticos municipais, as modificacións propostas non afectan a ordenación urbanística vixente.

Cuarto. Darlles audiencia aos concellos limítrofes, simultaneamente e durante o mesmo prazo de información pública, e proceder a solicitar os informes aos organismos afectados por razón das súas competencias sectoriais, os cales deberán emitilo no prazo dun mes, agás que unha disposición autorice un prazo máis longo».

O prazo da exposición pública do expediente iniciarase o día seguinte a aquel en que se publique este anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación do expediente atópase ao dispor do público na oficina municipal de Urbanismo, de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas.


DOG nº1 del 2 de enero de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s