A Consellería de Medio Ambiente reúnese con representantes dos rexistradores da propiedade para recabar as súas achegas sobre a futura Lei do solo

Santiago, 10 de decembro de 2014

reunion_rexistradoresA conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, acompañada pola secretaría xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, mantivo hoxe unha reunión sobre a nova Lei do solo con representantes do Decanato dos Rexistradores da Propiedade, Mercantís e Bens de inmobles de Galicia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, acompañada pola secretaría xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, mantivo hoxe unha reunión sobre a nova Lei do solo con representantes do Decanato dos Rexistradores da Propiedade, Mercantís e Bens de inmobles de Galicia, no cumprimento do seu compromiso de levar ao Parlamento de Galicia unha normativa consensuada e que se axeite a todas as necesidades dos galegos.

Esta xuntanza enmárcase na rolda de contactos que está a manter a Xunta con distintos colectivos implicados na xestión do territorio para enriquecer o Anteproxecto de Lei do Solo aprobado polo Consello da Xunta o pasado mes de outubro. Nese marco, celebráronse xa reunións cos representantes das administracións locais, a través da FEGAMP, os representantes do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos, así como dos diferentes departamentos da Xunta implicados na elaboración desta lei transversal, como os responsables de Augas de Galicia, da Axencia de Infraestruturas, de Calidade Ambiental ou de Montes e Medio Rural.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s